Sumar Galicia quere que a desinformación sexa delito no código penal

Proporá unha enmenda ao texto político da asemblea estatal de Sumar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2025 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

Movemento Sumar Galicia proporá nunha emenda ao texto político da asemblea estatal de Sumar, que se celebrará os días 29 e 30 de marzo, que a desinformación se recolla no código penal. En concreto, a formación galega propón engadir no apartado sete do texto político que se promovan diversos mecanismos que impidan "a manipulación da opinión pública con noticias falsas, un dos cales debe ser que entre no código penal a difusión intencionada de mentiras con obxectivos políticos".

A emenda será defendida en plenario pola portavoz de Sumar no Congreso e presidenta de Sumar Galicia, Verónica Barbeiro, e o secretario xeral de Sumar Galicia, Paulo Carlos López, que ademais é profesor da USC e conta con varios artigos publicados en revistas científicas sobre desinformación e as súas consecuencias sobre a democracia.

Segundo López, esta emenda, que se orienta principalmente ao contido das redes sociais, está centrada "en garantir o dereito á información da cidadanía", xa que considera que "a autorregulación e a vontade das plataformas leva anos sen funcionar".

Así mesmo, o secretario xeral de Sumar Galicia apuntou que ven "insuficiente no contexto actual" que poidan ter consecuencias penais "o contido e a intención dalgunhas opinións e noticias se conteñen delitos de odio, revelación de segredos, delitos contra a integridade moral ou contra a saúde pública". "A nosa proposta é a inclusión da desinformación como delito, cunha delimitación material moito máis clara, o que axudaría moito aos xuíces e ás xuízas", opinou.

Yolanda Díaz, Verónica Martínez Barbeiro, Paulo Carlos López, Marta Lois e Manuel Lago no congreso de Sumar Galicia  / Europa Press / Europa Press
Yolanda Díaz, Verónica Martínez Barbeiro, Paulo Carlos López, Marta Lois e Manuel Lago no congreso de Sumar Galicia / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta