Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2025 | Actualizada ás 12:47
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, replicou ás alusións aos nacionalistas durante o congreso do PSdeG celebrado este fin de semana que a súa formación "non se confunde de adversario" e leva "desde o minuto 1 facendo oposición ao PP".
Sen facer valoracións dos congresos doutras organizacións políticas, "en todo caso" Pontón, a preguntas sobre este tema en rolda de prensa, subliñou que o Bloque "o que fai é non confundirse de adversario" e "ser alternativa real fronte a un Goberno que non está a ser capaz de enfrontar os problemas dos galegos". Un BNG, incidiu Pontón, "centrado no importante", que ao seu xuízo é "dar unha alternativa real á galegos fronte ao desastre do PP".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.