Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/03/2025 | Actualizada ás 20:25
Galicia e a península seguen sumidas nun tren de borrascas atlánticas. Nas últimas horas, é Jana a que está a deixar precipitacións importantes e este mércores seguirá chovendo con forza noutros sectores da península. Pero despois de Jana, chega un chorro polar que poderán afectar en maior ou menor medida ao noso territorio. A estabilidade atmosférica non está garantida a curto prazo e mesmo medio prazo.
Agora mesmo hai un bloqueo no suroeste de Islandia. Esa masa de aire estable provoca que as baixas presións e os embolsamentos de aire frío se despracen polos seus bordos, alcanzando latitudes máis ao sur do normal. Por iso, todo apunta a que, a medida que Jana se vaia debilitando, entrará outro temporal por Galicia. Cando a nova borrasca chegue á Península Ibérica o xoves, provocará que descenda aire de orixe ártica polo norte peninsular.
Tal e como apuntan desde Meteored, a nova borrasca, ao pasar sobre a Península Ibérica, podería inxectar unha masa de aire ártico. Este aire, de orixe moi fría, provocará nevadas en cotas bastante baixas e tamén ocasionará un descenso brusco das temperaturas. Moitas cidades do norte de España van vivir xornadas moi frías para a época do ano na que nos atopamos.
NEVE
O xoves haberá chuvias en Galicia e posibilidade xa de nevadas en cotas medias. De feito, e tal e como aconteceu nestes días, e co paso da fronte, ese día volverá nevar con forza na Cordilleira Cantábrica, Pireneos, Sistema Central, Ibérico e Serra Nevada. Xa de cara á xornada do venres, o aire frío penetrará máis polo sector norte. Isto pode provocar que a cota de neve descenda bruscamente.
Este descenso da cota de neve pode orixinar nevadas en capitais de provincia como Burgos, Segovia ou Ávila. Terase que ir seguindo a situación, xa que outra nevada importante a estas alturas é moi beneficiosa tanto para os amantes do esquí como para mellorar os recursos hídricos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.