Detida tras saltar un control da Garda Civil e fuxir durante 20 quilómetros

Aconteceu en Verín. A muller enfrontase a cinco cargos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/03/2025 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

Unha condutora foi detida por saltarse un control en Verín e darse á fuga nunha persecución durante 20 quilómetros ata que foi neutralizada. Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, os feitos ocorreron o 28 de febreiro, ás 7,30 horas da mañá, durante un control de alcol e drogas na estrada N-525, ao seu paso polo municipio de Verín, con motivo do dispositivo Comadres-Entroido 2025.

Así, os axentes observaron como un vehículo trataba de eludir o control policial, polo que adiantaba aos vehículos detidos pola esquerda e ocupaba o carril destinado á circulación en sentido contrario. Un dos axentes fíxolle sinais para que detivese a súa marcha, ao que a condutora fixo caso omiso e acelerou aínda máis a marcha, polo que o garda civil tivo que saltar para apartarse e evitar ser atropelado.

Tras iso, os axentes iniciaron un seguimento ao vehículo fuxido que durou máis de 20 quilómetros, durante os cales a condutora realizou adiantamentos circulando en sentido contrario e tratando de cambiar o sentido da marcha en numerosas ocasións. Finalmente, xa no municipio de Trasmiras, os axentes conseguiron bloquear a traxectoria do vehículo, reducir e deter á condutora, todo iso tras un violento forcexeo entre os gardas civís e a detida, a cal se negou a realizar as probas de alcol e drogas.

Deste xeito, a condutora está investigada por tres delitos contra a seguridade viaria (condución temeraria, condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas e sustancias estupefacientes e por negarse a someter ás probas de detección alcohólica e de drogas), un delito de desobediencia e un quinto delito de atentado contra axentes da autoridade.

Persecución a condutora á fuga en Verín. GARDA CIVIL
Persecución a condutora á fuga en Verín. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta