Por Galicia Confidencial | Barcelona | 08/03/2025 | Actualizada ás 10:50
Un ano máis as asociacións galego-cataláns ACGB e Furafollas gañaron o Premio da Sátira na famosa 'Rúa de Carnestoltes' do barrio barcelonés de Gràcia competindo con 23 agrupacions máis.
Co orgullo da defensa do territorio, e durante o desfile, berraron alto é forte consignas coma: "ALTRI NON!", "A auga é nosa, e non da celulosa" ou "A súa fortuna, a nosa perdición", lemas que tamén portaban en varias pancartas.
"A loita a prol dos espazos naturais, dun concepto harmónico e sostible da economía do territorio, da defensa da ría de Arousa, do Ulla e das súas xentes, resoou en Barcelona e demostra que a loita segue viva e reactivase en novas frontes", comentan dende os colectivos participantes na comparsa premiada como 'mellor sátira'.
Rematada esta acción, dende a entidade ACGB (Asociación Cultural Galega en Barcelona) comentan tamén que seguirán a "denunciar na emigración as políticas depredadoras no territorio consentidas por unha Xunta de Galicia cómplice da devastación que apoia en interese das multinacionais da celulosa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.