Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 09/03/2025 | Actualizada ás 17:43
A Policía Local de Sanxenxo localizou ao condutor que, á primeira hora deste domingo, se deu á fuga tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo. Segundo informaron desde o Concello, o home, veciño de Vialboa e que tiña o carné retirado ata 2026, recoñeceu aos axentes que se foi a unha leira descansar. O home, cando foi localizado dúas horas despois do accidente, someteuse á proba de alcoholemia arroxando un resultado positivo de 0,60.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.