Homenaxe mural ás 'lavandeiras do Río Cabe' en Monforte para conmemorar o 8M

O acto principal do 'Día Internacional da Muller' principiou coa lectura do manifesto a cargo da Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, e despois inaugurouse un Mural en homenaxe ás lavandeiras do Río Cabe realizado pola artista Xoana Almar.

Por Galicia Confidencial | Monforte de Lemos | 09/03/2025 | Actualizada ás 21:31

Comparte esta noticia

Este 8 de marzo pola mañá tivo lugar a Concentración oficial e o Manifesto polo “Día internacional da Muller” en Monforte de Lemos cunha ubicación distinta a doutros anos. O acto trasladouse ao Espazo do Cuadrado do Parque dos Condes lugar onde se inaugurou un mural realizado para a ocasión.

Lectura do manifesto a cargo da Concelleira Margarita López. Foto: Concello de Monforte.
Lectura do manifesto a cargo da Concelleira Margarita López. Foto: Concello de Monforte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta