O acto principal do 'Día Internacional da Muller' principiou coa lectura do manifesto a cargo da Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, e despois inaugurouse un Mural en homenaxe ás lavandeiras do Río Cabe realizado pola artista Xoana Almar.
  comenta   0
O Concello de Monforte celebra o seu día grande do Entroido 2025 este martes 4 de marzo. O gran Desfile e Concurso de Comparsas e Disfraces sairá ás 17:00 h. da Praza da Estación e o destino final será a Praza da Compañía, lugar onde se informará dos premios con festa final incluída.
Os bombeiros de Monforte interviñeron para liberar á vítima, cuxo falecemento foi confirmado polo equipo médico.
A Xunta di que Galicia "está á vangarda de España na detección temperá" de enfermidades raras, con 5.217 casos.
  comenta   0
O monumento está formado por un pau de ferro que sostén dúas placas de aceiro cos nomes dos represaliados e o lema 'En recordo das vítimas da represión fascista entre 1936 e 1943 soterradas neste cemiterio'.
  comenta   0
A infraestrutura de servizos que se proxecta terá unha superficie de 13,8 hectáreas, poderá acoller a unhas 20.000 persoas e calcúlase que o seu custe pode superar os 5 millóns de euros.
Trátase dun traballo de fin de grao de doce alumnos/as da EMAV, Escola de Mitjans Audiovisuals de Barcelona, que teñen previsto ambientar no rural de Monforte. Para poder facelo realidade impulsan un crowdfunding na plataforma verkami.
Oito dos 137 integrantes da promoción da Carreira Xudicial son galegos. O noso país recibirá a sete deles e tres prazas serán en expectativa de destino.
  comenta   0
"Cando un pobo baixa durante anos como lle pasou a Monforte en poboación, economicamente, perdendo emprego,… tamén o orgullo de ser monfortinos/as vai baixando e eu quero recuperar iso. A autoestima, o crecer, ser unha cidade. Vai haber cousas que farán de Monforte unha cidade", asegura o alcalde de Monforte de Lemos.
Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, acusaron ao ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, de "mentir a todos os lucenses sobre os servizos ferroviarios da provincia".
O Consello de Ministros do Goberno de España autorizou esta semana a través da Sociedad mercantil estatal Aguas de las Cuencas de España (ACUAES) este millonario contrato.
Viaxará a Arabia Saudita para percorrer 8.000 quilómetros de deserto na proba máis esixente e coarse no top 50.
O club 'Os Irmandiños', no Concello de Pantón, reúne a tiradores do propio concello e tamén de Sober, Monforte, O Saviñao e ata de Quiroga. Ademais de galegos, destaca a presenza de xente doutras nacionalidades: ingleses, holandeses, polacos, australianos, arxentinos...
O acendido oficial fíxose este 5 de decembro coa presenza do Alcalde e algúns concelleiros/as do Equipo de Goberno diante dunha árbore de luces que alcanza os 20 metros de altura.
"É un paso máis da conexión entre Lugo e Ourense no corredor Atlántico, para levar a alta velocidade a toda Galicia" o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos.
A previsión de ingresos e de gastos para o ano 2025 é de 17.802.794 €, case 18 millóns de euros, o que supón un incremento con respecto ao ano 2024 de 1.416.458,04 €. Serán levados a Pleno o vindeiro luns día 25 de novembro.
A homenaxe dá continuidade á celebrada en Celanova o pasado mes de xullo, coincidindo co 81º aniversario da morte de Yáñez Pereira. Neste senso, está organizada polo Concello de Monforte en colaboración co Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.
Gemma & Naza Cheesecakes (Monforte de Lemos), Ficar Aquí (Os Ancares e A Mariña) e Enzicas (A Coruña) fanse cos premios do X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.
Asegura que mantén a súa vontade de axilizar a integración destas unidades no Sergas. A Federación trasladou que o compromiso da Xunta de integrar as unidades de atención á drogodependencia (UAD) ten un reflexo de "cero euros" nos orzamentos autonómicos de 2025.
  comenta   0
Os datos publicados polo consello regulador constatan, segundo o Sindicato Labrego Galego (SLG), unha diminución de vendima nas uvas tintas de 1.780.408 quilogramos. Supón máis dunha cuarta parte con respecto a 2023, case un 27 %. "Esta cifra supera as peores previsións", incide.
  comenta   0
Baixo o lema 'Teletransporte contra a discriminación', o obxectivo principal da campaña é esixir que "ata que o teletransporte sexa viable, polo menos que os transportes habituais cumpran as leis de accesibilidade".
O BNG pide ao Goberno aclarar se a liña se porá en funcionamento antes de final de ano, para cando fora prometido despois de que se movese a data inicial prevista para abril.
O Sergas xa atende no distrito de Valdeorras a pacientes de municipios pertencentes á comarca do Bierzo e, en Verín, pacientes de Alta Sanabria.
En cartel haberá 12 obras de teatro que se escenificarán no Auditorio do Edificio Multiusos e na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro grazas á participación do concello na Rede Galega de Teatros e Auditorios do Agadic, e no Ciclo de Teatro Afeccionado e de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
O certame, coñecido como "Mister Drum", está organizado pola Asociación Cultural Musical ‘Luis Nieves’ de Monforte e celebrou este 15 de setembro a súa segunda edición con participantes chegados de diferentes puntos da xeografía galega.
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama ao ministro do Interior habilitar máis intérpretes do dialecto saharauí --hassani-- para atender as peticións de asilo político das persoas procedentes da excolonia española e non do dialecto marroquí como ocorre actualmente
  comenta   1
Segundo denuncian os 'populares' no Congreso, incumpríronse as datas dadas desde o arranque das obras no outono de 2022 e "todo apunta a que non se cumprirá"
  comenta   0
A Garda Civil, no marco da operación gulgalta, detivo o martes a un veciño de Lugo, de 67 anos, como suposto autor de delitos contra o patrimonio histórico, receptación e falsidade documental.