O BNG pregunta no Congreso por prazos das obras na A-54 e na liña ferroviaria Lugo-Monforte

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama ao ministro do Interior habilitar máis intérpretes do dialecto saharauí --hassani-- para atender as peticións de asilo político das persoas procedentes da excolonia española e non do dialecto marroquí como ocorre actualmente

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2024 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O BNG rexistrou dúas preguntas dirixidas ao Goberno para pedir explicacións polas obras anunciadas na autovía A-54 e nos noiros ferroviarios da liña 800 entre Lugo e Monforte.

O deputado no Congreso Néstor Rego asina as dúas iniciativas nas que demanda ao Ministerio de Transportes que aclare os motivos das actuacións de emerxencia aprobadas polo Consello de Ministros o pasado 3 de setembro.

No caso da liña ferroviaria, pide información sobre se se revisou o seu conxunto para descartar que exista risco de máis desprendementos noutros puntos.

En canto á autovía que transcorre pola provincia da Coruña, Rego reclama ao Goberno que aclare os prazos e como afectará o tráfico na zona.

O deputado do BNG Néstor Rego durante unha sesión plenaria, no Congreso dos Deputados, a 10 de setembro de 2024, en Madrid (España). O Pleno do Congreso debate hoxe e vota mañá, 11 de setembro, o financiamento singular de Cataluña pactada po. Fernando Sánchez - Europa Press
O deputado do BNG Néstor Rego durante unha sesión plenaria, no Congreso dos Deputados, a 10 de setembro de 2024, en Madrid (España). O Pleno do Congreso debate hoxe e vota mañá, 11 de setembro, o financiamento singular de Cataluña pactada po. Fernando Sánchez - Europa Press

INTÉRPRETES DE DIALECTO SAHARAUÍ

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, habilitar máis intérpretes do dialecto saharauí --hassani-- para atender as peticións de asilo político das persoas procedentes da excolonia española e non do dialecto marroquí como ocorre actualmente. "É unha falta de respecto", reprocha.

A través dunha pregunta ao Goberno para resposta escrita, o deputado do Bloque alerta de que cando as persoas saharauís chegan a España para pedir asilo político, o Ministerio de Interior asígnalles por defecto intérpretes de orixe marroquí para a realización da entrevista e o inicio do procedemento de solicitude de asilo.

"A mínima sensibilidade e empatía política e humana debería levar ao Ministerio de Interior a ter en conta a situación que vive o pobo saharauí por parte de Marrocos: décadas de ocupación, de persecución e de vulneración dos seus dereitos humanos", incide e tacha de "burla" a actitude por parte do ministerio que dirixe Grande-Marlaska.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Tiñamos noticia de que o "camarada Sánchez" regalara o territorio saharaui ao déspota que goberna Marrocos... O que non sabiamos era que non falaran español os fillos da excolonia ? Así que levamos 50 anos financiando vacacións en España aos rapaces saharauis es non teñen clases de español en Tinduf ? Vai ser que o Frente Polisario non sabe educar á súa xente para andar polo mundo ? Ou será que a UPG ten só sensibilidade lingüística pero impórtalles pouco o futuro do povo saharaui nas mans do Camarada Sánchez e o seu socio Mohamed VI (que deus confunda) !