Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2024 | Actualizada ás 18:20
Unha persoa faleceu este domingo tras saírse da vía mentres circulaba co seu vehículo pola parroquia de Vilarmel, na localidade lucense de Quiroga.
Tal como informou o 112 Galicia, os feitos sucederon ao redor das 14.30 horas, cando o falecido saíu da estrada e caería co seu vehículo por un terraplén duns 80 metros. Deste xeito, deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Monforte, GES de Quiroga, Garda Civil e Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.