O Consello da Cultura Galega recompila en 'Proxector' unha ducia de vídeos sobre o patrimonio inmaterial das festas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2025 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A nova entrega de 'Proxector', iniciativa de divulgación científica impulsada polo Consello da Cultura Galega (CCG), selecciona este mes unha ducia de vídeos para achegarse ao patrimonio inmaterial das festas galegas e ás diferentes formas de celebración baixo o título 'Cando o pobo vai de festa: celebracións e patrimonio inmaterial'.

Segundo detallou o CCG nunha nota de prensa, o vídeo arrinca cun vídeo divulgativo que aborda os diferentes elementos do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués, desde o 'entroido', ata as lendas, os refráns, os contos, o magosto, pasando pola vendima ou os oficios tradicionais, entre outros.

Do mesmo xeito, outro vídeo, elaborado polo IES Daviña Rei de Monforte de Lemos, explora as características e as singularidades das principais máscaras o 'Entroido tradicional galego'. Ademais, en relación con esta denominación tamén hai un vídeo explicativo sobre o cinco formas que ten o idioma galego para referirse ao 'entroido'.

"Os maios, as lendas do Samaín ou a figura mitolóxica do Apalpador, son tamén obxectos de diferentes vídeos que se incorporan nesta entrega. Tamén hai un do antropólogo Rafael Quintiá sobre a foliada, manifestación musical, festiva e popular específica de Galicia na que se producen simultaneamente o canto, o baile e a práctica instrumental da música tradicional", debullou o CCG.

Mostra de baile. Foto: Foliada de Melide
Mostra de baile. Foto: Foliada de Melide

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta