Amigos e familiares despiden ao artista Xosé Vizoso, homenaxeado este ano no Día da Ilustración

O artista natural de Mondoñedo contaba cunha ampla traxectoria como deseñador e ceramista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2025 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

Amigos e familiares despiden este luns ao artista Xosé Vizoso, falecido este domingo aos 75 anos no municipio lucense de Brión, onde residía na actualidade. Desde as 12.00 horas desta mañá, foron numerosos os amigos e colegas que, ademais de familiares, acudiron ao tanatorio de Boisaca a darlle o último adeus a Vizoso, que foi homenaxeado este ano pola Xunta no Día da Ilustración.

Vizoso, fillo predilecto do concello de Mondoñedo, onde naceu, contaba cunha ampla traxectoria como deseñador e ceramista, ademais dunha importante produción como cartelista, muralista e ilustrador de libros. Foi gañador do Premio Nacional de Escultura en 1968. Na súa traxectoria destacan o seu catro décadas como deseñador, xunto con Xosé Díaz, da cerámica de Sargadelos, ou, máis recentemente, a realización do cartel do centenario do Celta de Vigo.

A Biblioteca de Galicia, acolle ata maio, a exposición 'Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo', que fai un percorrido pola traxectoria de Vizoso a través dun total de 86 pezas, nas que se reflicte a súa mestría nos ámbitos artísticos aos que se dedicou, aínda que se centra no debuxo como base sobre a que se sostén toda a súa obra. A capela ardente estará instalada desde o mediodía deste luns e pola tarde haberá un acto cívico na súa honra. Ademais, o Ayuntaminto de Brión, segundo avanzou, declarará o loito oficial.

CONDOLENCIAS

Tras coñecerse a noticia, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrou o seu pesar pola perda de Xosé Vizoso e trasladou a súa condolencia á familia e amigos. "Triste noticia para a arte deste país. O falecemento de Xosé Vizoso, ao que xustamente lle dedicamos este ano o Día da Ilustración, supón a perda dun creador referente na historia gráfica de Galicia. Un profundo e sentido abrazo para a familia e amizades", publicou Alfonso Rueda na súa conta da rede social 'X'. Tamén o lembrou, nesa mesma rede, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. "A súa morte déixanos orfos dun talento con cor propia", reza a súa mensaxe.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, co artista Xosé Vizoso
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, co artista Xosé Vizoso | Fonte: XUNTA - Arquivo

Pola súa banda, o BNG de Brión lamentou o falecemento e sinalou que o pobo galego está de loito por perder un ilustre veciño. "A obra de Vizoso estaba profundamente apegada á nosa terra e son milleiros os fogares con algunha creación súa", sinalou o BNG nun comunicado. O Concello de Vilagarcía de Arousa tamén manifestou este luns o seu pesar polo falecemento de Vizoso, lembrando que unha das súas últimas exposicións fíxoa precisamente no municipio arousán, en maio de 2021. Apuntan tamén que deseñou o cartel das festas de San Roque, "un traballo no que puxo especial empeño e para o que realizou ata unha ducia de esbozos". "Sentimos moito a súa morte. Desde que expuxo aquí creouse unha especial relación con Vilagarcía; era un gran artista pero aínda mellor persoa", expresou o alcalde, Alberto Varela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta