Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2025 | Actualizada ás 12:44
A Deputación da Coruña promove unha nova edición das súas Residencias Artísticas Mariñán que terán lugar no pazo situado no municipio coruñés de Bergondo.
O terceiro ciclo desta iniciativa desenvolverase entre o 31 de marzo e o 11 de abril en dúas modalidades: música e literatura e pensamento. Así o explicou a deputada de Cultura, Natividade González, quen destacou que "durante estas estancias en Mariñán, creadores e creadoras dedícanse a experimentar e a sentirse libres no proceso de investigación".
Fíxoo nunha presentación, na sede da institución provincial, acompañada da comisaria das residencias de música, Aitana Cuétara, e do comisario das residencias de literatura e pensamento, Roberto Abuín.
Ambos explicaron como se desenvolverán as residencias vinculadas a estes respectivos ámbitos, unha iniciativa para o que todas as persoas interesadas poderán inscribirse ata o día 14 e na que se seleccionarán oito participantes.
Pola súa banda, Aitana Cuétara fixo fincapé na "importancia de que convivan os proxectos musicais con literatura e pensamento". "Nacen moitas redes entre eles, os proxectos mutan e evolucionan", recalcou.
Na mesma liña, Roberto Abuín apuntou á necesidade de "visibilizar, dinamizar e promover todos estes tipos de procesos creativos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.