Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2025 | Actualizada ás 13:07
Movemento Sumar Galicia contará con 36 persoas delegadas na asemblea estatal que a formación celebrará os próximos 29 e 30 de marzo, o que a converte nunha das delegacións máis numerosas por ser quen máis persoas afiliadas achega.
En concreto, segundo informou nun comunicado, é o territorio con maior peso relativo en función da súa poboación, e o quinto en números absolutos despois de Madrid (75), Andalucía (63), Valencia (37), e Cataluña (35), no referido ao número de delegadas por lista.
Das 36 persoas de Galicia, catro serán delegados e delegadas natas ao formar parte do grupo coordinador en funcións (Marta Lois, Manuel Lago, Verónica M. Barbeiro e Paulo Carlos López), e as outras 32 escolleranse o día 22 de febreiro no encontro nacional galego que se celebrará en Milladoiro.
O secretario xeral do Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, destacou que a delegación galega, "practicamente parella" á representación de Valencia e Cataluña en número de persoas a pesar de contar con moita menos poboación, mostra o "enorme esforzo de expansión territorial" que se está levando a cabo na comunidade.
Para López, varios son os obxectivos da delegación galega nesta asemblea, entre eles, o de reforzar o "líderazgo de Verónica M. Barbeiro no Congreso dos Deputados, e o liderado institucional de Yolanda Díaz no goberno de coalición, apoiando e arroupando as súas medidas laboristas que melloran as condicións de vida da xente traballadora, estando xa ansiosos e ansiosas de aprobar a redución da xornada laboral".
O secretario xeral de Movemento Sumar Galicia tamén apunta á importancia desta asemblea, en "termos políticos", actualizando as bases dunha organización "crave" para manter "un dos poucos gobernos progresistas no mundo ante o avance dos gobernos reaccionarios".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.