Por Galicia Confidencial | Carballo | 05/02/2025 | Actualizada ás 09:00
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) foi distinguido un ano máis polo prestixioso ‘Observatorio de la Cultura’ da Fundación Contemporánea como o cuarto mellor proxecto cultural galego de 2024, posto que comparte con outro festival, o de Escenas do Cambio de Santiago de Compostela, e con The MOP Foundation, coa súa exposición dedicada ao fotógrafo Irving Penn. Deste xeito, posiciónase, xunto a Escenas do Cambio, como o festival de artes escénicas máis valorado da comunidade galega en 2024.
O ‘Observatorio de la Cultura’ elabora, desde hai máis dunha década, unha serie de clasificacións e indicadores relativos á actividade cultural das diferentes comunidades autónomas, seleccionando e poñendo en valor as institucións e os acontecementos culturais máis destacados do ano.
En 2022, na súa 31ª edición, o FIOT foi recoñecido neste mesmo Observatorio da Cultura como o mellor da cultura galega e, polo tanto, Insignia Cultural de Galicia, mentres que en 2023 acadou a quinta posición.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.