Un comeza escribindo de madrugada e acaba o "asasinato literario" cando asoma a patita o alba.
Como aprendiz de escribidor, a min sempre me causou certa curiosidade e desasosego a primavera. Como alérxico ás gramíneas, ao pole e aos malévolos ácaros do po, esta estación supón o ter que esbirrar constantemente ata que me tomo un antihistamínico máis e boto de menos o outono e o espray da asma.