O inverno comeza este sábado

O fenómeno astronómico máis relevante do ano terá lugar o 14 de marzo cunha eclipse total de Lúa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2024 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

Este sábado comeza o inverno ás 10.21 horas e o fenómeno astronómico máis relevante terá lugar o 14 de marzo cunha eclipse total de Lúa, que terá o seu máximo ás 08.00 horas da mañá. Con iso, finaliza outro outono chuvioso na comarca compostelá, parecido ao do ano anterior, no que a cantidade total de precipitacións recollida no Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC neste últimos tres meses foi de 771,5 litros por metro cadrado. Por tanto, unha cantidade da orde dos 800 litros por metros cadrados do outono do pasado ano, explicou o coordinador científico do Observatorio, José Ángel Docobo.

A estación de esquí de Manzaneda con neve
A estación de esquí de Manzaneda con neve | Fonte: Meteogalicia - Arquivo

A estación invernal no hemisferio norte é a de menor duración: 88,99 días, fronte aos 89,86 do outono, 92,74 da primavera e os 93,65 do verán. O inicio do inverno coincide co paso do Sol polo punto Capricornio da Eclíptica ou Solsticio de decembro, producíndose nese momento a mínima declinación solar, que ten como consecuencia que haxa o día máis curto do ano cunha duración de pouco máis de nove horas. As tardes comezaron a crecer desde o pasado día 7 de decembro, mentres que as mañás seguirán minguando ata o día de Reyes.

OBSERVACIÓNS ASTRONÓMICAS

Na noite do 3 ao 4 de xaneiro producirase o máximo de choiva de estrelas Cuadrántidas e, nese último día, ás 15.00, tamén pasará a Terra polo perihelio, mínima distancia ao Sol. Así mesmo, o 4 de xaneiro a Lúa vai ocultar o planeta Saturno, pero o fenómeno astronómico máis relevante deste inverno será a eclipse total de Lúa do 14 de marzo, que terá o seu máximo ás 08.00 horas da mañá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta