Ai Nadal da miña infancia e tamén da mocidade,
cantas lembranzas me traes, cantos cantos e saudades.
Cantas xuntanzas pasaron onde os bos desexos saen
nas noites frías de inverno nesta casa e noutros lares.
Neste solsticio do ano as esperanzas renacen
e os desexos máis fermosos brincan ledos polo aire.
Ai Nadal cantos recordos, cantas festas familiares,
cantos so seres queridos, canta ledicia e pesares.
Nesta terra tan fermosa todos queremos cantarche
e pedimos paz no mundo, moito amor e liberdade.