Por Europa Press / Redacción | MADRID | 20/06/2024 | Actualizada ás 10:30
Cambio de estación. Ás 22 horas e 51 minutos deste xoves 20 de xuño dará comezo o verán no hemisferio norte. Nese intre o Sol estará no punto Cáncer da eclíptica, ou solsticio de xuño, acadando a máxima elevación (declinación máxima) con respecto do ecuador celeste. Nestes días, polo tanto, teremos a meirande diferencia entre o día e a noite. Porén, debido a que o tempo oficial se mide con respecto ao chamado Sol medio, sucede que o día no que o Sol sae antes xa foi o 15 de xuño e cando máis tarde ten lugar o solpor corresponde ao 27 deste mes.
A estación que agora comeza vaise prolongar ata as 14.44 horas do 22 de setembro, de maneira que estes 93,66 días fan que o verán boreal sexa a estación máis longa das catro e un dos máis longos dos últimos anos. O día 5 de xullo, a Terra pasará polo afelio, punto de máxima distancia ao Sol, sendo esta de 152,1 millóns de quilómetros. A distancia mínima (perihelio) tivo lugar o 3 de xaneiro, a unha distancia de 147,1 millóns de quilómetros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.