Por Galicia Confidencial | Ferrol | 08/04/2025 | Actualizada ás 10:55
Ecologistas en Acción e Acouga, xunto con varios veciños afectados, amplían a acusación na causa aberta contra a empresa Sogarisa, no xulgado número 2 de Ferrol, pola emisións de cal viva (CaC) no procesamento dos residuos industriales na planta de As Somozas. Na ampliación da demanda foron presentados números partes médicos de veciñanza afectada, e un informe técnico, tras o último episodio de emanacións ocurrido días atrás.
A comezos do 2024, o xuzgado número 2 de Ferrol decretou a apertura de dilixencias previas para investigar un delito contra a ordenación do territorio en relación a emisións de cal viva (CaC) no procesamento dos residuos industriais nunha planta de Sogarisa, empresa participada pola Xunta de Galicia, en As Somozas, A Coruña. A maxistrada decidiu incoar o procedimiento a raíz dunha denuncia presentada por Ecoloxistas en Acción, a Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) e veciñanza afectada residente na contorna deste Centro de Tratamiento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG).
As entidades denunciantes alertaban de que o centro de tratamento de residuos desprendía vapores ao exterior con presencia de cal viva, substancia usada como reactivo para estabilizar os residuos líquidos peligrosos tratados. Sinalando, ademais, que estas emisións constituen unha vulneración da normativa de Prevención e Control Integrado da Contaminación (IPPC), xa que estes procesos con cal deben realizarse nunha instalación estanca con aspiración e supresión de partículas.
NOVAS EMISIÓNS E NOVAS DENUNCIAS
Os episodios de emanacións continuaron sucedendo ao longo do ano, a pesar de que a Xunta aseguraba que “a planta de procesamento de residuos industriais de As Somozas funciona de modo correcto e que xa non se empleaba a antiga planta de estabilización para la inertización de residuos con cal”. "Hai escasos días tivo lugar un episodio de emanacións máis prolongado e cuantioso do acostumado que alcanzou a numerosos veciños e veciñas da contorna da planta, quen acudiron ao centro de saúde cun cadro de afeccións a ollos e aparato respiratorio", denuncia a entidade nun comunicado.
Os informes médicos que acreditan estas afeccións polas emanacións foron aportados na causa aberta no xulgado de Ferrol como novas probas. Ademais, na ampliación da demanda temén se achegou un informe técnico elaborado tras varias inspeccións á contorna do centro de tratamento de residuos de As Somozas, no que se acredita o incumprimento reiterado da avaliación ambiental integrada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.