A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro estase convertendo nun xogo de disfraces e cabazas que se importou desde os EE.UU. Pero, curiosamente, o Halloween é unha festa celta que os irlandeses e outros emigrantes levaron antes a ese país. O All Hallow’s Eve, o Samaín Celta, celebrase nun día equidistante entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno.