Profesionais do sector da danza instan as administracións a un apoio estable

Destacan a importancia de visibilizar "iniciativas importantes porque son espazos de investigación que axudan a persoas que viven á súa ao redor".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2025 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

Representantes de diferentes iniciativas independentes de artes do movemento e performativas que existen en Galicia, así como responsables do sector público vinculados a este sector reuníronse este mércores no Consello da Cultura Galega (CCG), no marco dunha xornada coordinada pola Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais co apoio da Fundación María Jose Jove, para demandar un maior apoio ao sector.

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, foi a encargada de abrir esta cita, que tamén forma parte dun itinerario de traballo que terminará a finais de 2025 coa elaboración dun informe deste sector.

Natalia Balseiro, Caterina Varela e Susana González son o tres persoas que coordinaban esta cita que pretendía ser, en primeira instancia, un espazo para visiblizar e agrupar as iniciativas privadas que xa existen e facilitar un punto de encontro. Cristina Domínguez, coordinadora da Sección, apuntou que, ademais de visibilizar "iniciativas importantes porque son espazos de investigación que axudan a persoas que viven á súa ao redor", serviu tamén "para darlle contido a un informe no que leva tempo traballando". Será un documento que describa a realidade galega, terá carácter propositivo e busca impulsar axudas a estruturas e non a proxectos específicos, explicaron desde o CCG.

Arquivo - A compañía Nova Galega de Danza interpretando'Leira'. COMUNIDADE DE MADRID - Arquivo
Arquivo - A compañía Nova Galega de Danza interpretando'Leira'. COMUNIDADE DE MADRID - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta