Desde a Consellería de Lingua e Cultura sinalan que queren "seguir dando pasos que permitan avanzar de forma firme cara á consecución dun Pacto pola Lingua"
  comenta   0
"A situación é preocupante, polo que isto ten que estar fose do debate, ten que ser unha operación de país na que as disputas doutro tipo queden enterradas durante un tempo para actuar todos a un tempo en positivo", defendeu a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez
  comenta   0
O uso do galego nos nichos e lápidas así como noutros elementos funerarios estaba totalmente excluído dos cemiterios. Non foi até o século XXI que comezaron a aparecer as primeiras letras gravadas en mármore ou metal nos camposantos galegos e o mesmo sucedeu coas coroas e as fitas que levan atadas. Botamos unha ollada sobre un fenómeno tan recente como espontáneo
  comenta   0
Para Queremos Galego, reverter a situación do idioma pasa por activar medidas baseadas no Plan Xeral de Normalización de 2004, na Carta Europea das Linguas e nas recomendacións do Consello de Europa, que no seu último informe (setembro de 2024) xa pediu eliminar as limitacións para o idioma na educación.
  comenta   0
A mostra conformada por 25 paneis cos bens recoñecidos pola Unesco permanecerá no claustro baixo do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago durante un mes, ata o 16 de novembro, data na que se celebra o Día Internacional do Patrimonio Material.
A primeira charla ofrecerá unha análise sobre o papel que o teatro galego xogou durante o período de transición á democracia.
  comenta   0
Unhas conferencias, que se realizan todos os xoves de outubro na Casa da Cultura do Concello de Verín, revisan a traxectoria deste senlleiro intelectual. O ciclo está organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Biblioteca do concello.
  comenta   0
O Consello da Cultura Galega reflexiona nesta lugar emblemático sobre a xestión dos lugares da represión franquista.
  comenta   0
Explican que Pintos destacou polo seu tratamento da monumentalidad, o retrato de figuras ilustres da política e das letras e reportaxes de natureza xornalística.
  comenta   0
O presidente da Xunta amosa a súa disconformidade coas conclusións do estudo do Consello da Cultura Galega que, di, "coincide cos que din nodo a todo", en alusión ao BNG. Destaca o interese de certas empresas por investir en Galicia
  comenta   1
A viceportavoz primeira do BNG, Olalla Rodil, rexistrou pola vía de urxencia unha pregunta sobre a actitude dun directivo da Radio Galega que, despois da presentación do informe do CCG sobre o impacto da implantación de Altri, "atreveuse a cuestionar que esta institución pública tivese lexitimidade para emitir un informe sobre un proxecto destas características".
  comenta   0
O Consello da Cultura Galega asegura que "fracturaría" o territorio e "destruiría" espazos Rede Natura e piden un debate de modelo territorial "máis sosegado".
  comenta   1
O 1º Encontro do Livro Galego reunirá profesionais e investigadoras do ámbito editorial galego para analizar o seu estado actual.
  comenta   0
Publicado polo Parlamento de Galicia, supón o recoñecemento a unha persoa que "loitou para sacar adiante ese proxecto, pai da Galicia contemporánea", segundo subliñou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.
  comenta   0
Protagonista da homenaxe foi a artista Felisa Segade, que interpretou música tradicional cunha selección de músicas e fotografías do APOI do Museo do Pobo Galego recollidas por Dorothé.
Da man de Rosa Regueiro, investigadora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) participante nas xornadas 'A cuestión enerxética en Galicia: entre economía, territorio e sociedade', organizadas polo Consello da Cultura Galega (CCG), coñecemos cales son as causas de que o modelo social económico actual estea en risco.
  comenta   0
O actual deán da catedral de Santiago, Xosé Fernández Lago, lembra nunha xornada celebrada no Consello da Cultura Galega como foi a súa participación no proceso de tradución da Biblia ao galego, cuxa primeira edición veu a luz no ano 1989.
  comenta   0
Ademais, a xornada servirá tamén de homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz, quen tivo un papel destacado na tradución da Biblia ao galego, cando se fan 100 anos do seu nacemento.
  comenta   0
Cando se fala do asociacionismo cultural galeguista en tempos do franquismo hai que reparar obrigatoriamente na Asociación Cultural de Vigo. Unha entidade que foi senlleira nun tempo nas as homónimas – “O Galo”, en Santiago; “Auriense”,en Ourense, “Amigos da Cultura”, en Pontevedra e “O Facho” na Coruña- tiñan unha programación excesivamente culturalista, de baixa intensidade.
  comenta   0
Durante este 2024 produciranse outras dúas pezas que informarán do proceso de institucionalización do teatro galego e da presenza da muller nas artes escénicas.
  comenta   0
"Galicia precisa hoxe un cambio de modelo cultural. Soster, mellorar e integrar os organismos que xa existen e mudar as dinámicas tanto de proxección internacional coma de acompañamento no territorio, para eliminar as verdadeiras barreiras coa cultura, as de clase, as barreiras psicolóxicas ou as dos medos e prexuízos coa cultura".
  comenta   0
A portavoz de Feminismos, Igualdade e Dereitos LGTBI+ de Sumar, Elizabeth Duval, alertou dun PP que a nivel estatal "está a recortar permanentemente dereitos LGTBI e pondo en perigo conquistas". "Somos pioneiras", salientou Marta Lois, quen indicou que Sumar "vén para aprobar e avanzar moito máis alá dos mínimos desa lei" de 2014.
  comenta   0
Tras abrir as súas portas en Santiago de Compostela, a exposición iniciou a súa itinerancia e pasou por Lugo, Ourense, Cracovia, Roma, Bratislava, Perugia, e Río de Janeiro e actualmente pode visitarse en Nitra (Eslovaquia), Bolonia (Italia)
  comenta   0