Como está a saúde do libro galego?

O 1º Encontro do Livro Galego reunirá profesionais e investigadoras do ámbito editorial galego para analizar o seu estado actual.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/07/2024 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

A Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña (UDC) acollerá os días 18 e19 de xullo o 1º Encontro do Livro Galego, que congregará investigadoras e profesionais do sector da edición de Galicia. Aproveitando os cincuenta anos da publicación d’O libro galego a

Libro
Libro | Fonte: catálogo da exposición BDG70: A revolta do cómic galego que publicou a Universidade da Coruña

discusión, considerado o comezo da reflexión contemporánea sobre a industria do libro no país, este encontro pretende servir para partillar diagnósticos e estratexias de futuro en relación ao mundo editorial.

Por iso, abondará na situación do libro desde o punto de vista institucional, profesional, asociativo e académico. Con esta fin son organizadas catro sesións de traballo distribuídas en dúas xornadas, que reunirán persoas representantes das institucións culturais (Subdirección Xeral do Libro, Consello da Cultura Galega, área de Cultura da Deputación da Coruña), da investigación (Universidade da Coruña, da Universidade de Vigo, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades) e do ámbito profesional (Asociación Galega de Editoras, Federación de Librarías de Galiza, Asociación de Escritoras e Escritores en

Lingua Galega, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, Consorcio Editorial Galego).

Este evento é organizado no seo do proxecto de investigación “Campo Editorial e Cultura Autonómica: institucionalização e industrialização do livro na Galiza (1978-2026)”. Pode consultarse máis información sobre o proxecto e sobre o Encontro en www.livrogalego.net.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta