O BNG solicitará a convocatoria da Deputación Permanente: "Rueda ten que dar explicacións sobre o escándalo do Cunqueiro"

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sinalou que a Xunta "ten que asumir as súas responsabilidades e dar a cara" porque, tal e como apuntou, "con eses 470 millóns poderíanse contratar 650 médicos, poderíanse renovar todos os equipos de resonancia, TAC, mamografías do conxunto de hospitais".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 04/08/2024 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou este domingo que vai solicitar a convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento para que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "compareza para dar explicacións" ante o "escándalo" do contrato da obra do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. En declaracións aos medios na Romaría Viquinga de Catoira, Pontón volveu a criticar a "neglixente xestión do público" que fai que os galegos paguen "un sobrecusto de 470 millóns".

Ademais, afirmou que pide esta comparecencia para que Rueda explique "que pasos van dar para acabar con esta estafa", porque, engadiu, "toda a cidadanía da área sanitaria de Vigo ten dereito a ter un hospital público que funcione ben e polo que non haxa que pagar máis do que realmente custou". Tras coñecerse este mércores o Informe de Fiscalización do Contrato de Concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo publicado por Contas, que conclúe que sería máis eficiente licitar a obra e os servizos do centro por separado, e non conxuntamente como levou a cabo a Xunta, xa que suporía un aforro de máis de 470 millóns de euros (IVE incluído), Pontón afirmou que isto é o custo de "a obsesión do PP por privatizar a sanidade pública".

"É un escándalo", reiterou Pontón antes de volver sinalar que a Xunta "ten que asumir as súas responsabilidades e dar a cara" porque, tal e como apuntou, "con eses 470 millóns poderíanse contratar 650 médicos, poderíanse renovar todos os equipos de resonancia, TAC, mamografías do conxunto de hospitais". "Habería que pedirlle a Feijóo e a Rueda que asumisen eles este sobrecusto. A Xunta e o presidente teñen que dar a cara. Non poden pensar que poden escaquearse ante un asunto tan grave e de tanta relevancia", insistiu.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante unha manifestación que convocou o BNG con motivo do Día da Patria Galega, a 25 de xullo de 2024, en Santiago de Compostela
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante unha manifestación que convocou o BNG con motivo do Día da Patria Galega, a 25 de xullo de 2024, en Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O que vén sendo un escándalo e a bufanda que pretenden cobrar por dietas e asistencia a pleno da Deputación Permanente e xa son varios anos nos que o BNG solicita unha reunión no verán para pagar as vacacións (supoño) ! O escándalo dos 470 M€ que se leva un fondo francés é o mesmo que leva Povisa Ribera Salud e acaban de renovar o concerto con outros 28 M€ ata final de ano e ninguén dí nada...? Será que o Consello de Contas aínda non tivo tempo a fiscalizar o sobrecusto na "xestión con empresas de Madrid" do Auditorio Mar de Vigo ? https://flic.kr/p/fkLLxj // Deputación Permanente con maioría absoluta do PP é unha broma ou unha paga extra para pagar os Mojitos ??? Ana Pontón, parece que en lugar de ter 25 deputadas ten Tres... (coma no Concello de Vigo)