Ameazan coa vía penal, mentres o goberno local insiste en que actuou en defensa dos intereses da cidade e mantén que a promotora non cumpriu os requisitos.
A diferenza entre este nivel e o seguinte é de 7.000 euros ao ano e un contrato indefinido, segundo un portavoz do grupo.
Para a posta en marcha deste plan haberá dúas mesas, unha industrial e outra sectorial. Nelas o peso da industria do sector será importante. Non está prevista a participación nelas de asociacións ecoloxistas.
  comenta   0
Entre os eixos fundamentais deste orzamento atópase a súa adaptación e loita contra o cambio climático, así como a mellora da calidade de vida da poboación do municipio, a promoción e proxección da cidade e a continuidade ao mantemento e o sostemento dos espazos públicos e dos equipamentos municipais.
  comenta   0
Ten subscrito un contrato de promoción turística da cidade a través da conexión aérea con Londres que presenta "graves" incumprimentos tanto en materia de número de voos como das accións publicitarias comprometidas.
O Goberno aproba un macrocontrato de 660 millóns de euros. O lote do noroeste conta cun importe de licitación que supera os 76,6 millóns.
  comenta   0
A Diputacion asinou o contrato coa empresa adxudicataria, que comezará as obras en abril cun orzamento de 1,3 millóns de euros.
Asisa sería a única que, polo momento, amosa certo interese neste concerto sanitario exclusivamente para funcionarios, tras as negativas de Adeslas e DKV.
  comenta   0
O comité de empresa rexistrara o preaviso de paro o pasado 20 de decembro tras a "parálise" na negociación dun novo convenio colectivo, prorrogado desde hai dous anos, o 1 de xaneiro de 2023.
  comenta   0
Os contratos de aluguer que vaian actualizar a súa renda a partir de 2025 e que fosen asinados desde a entrada en vigor da Lei de Vivenda, o 25 de maio de 2023, deberán usar xa este novo índice creado polo INE para revisar a súa anualidade.
  comenta   0
O Consello de Ministros do Goberno de España autorizou esta semana a través da Sociedad mercantil estatal Aguas de las Cuencas de España (ACUAES) este millonario contrato.
O secretario nacional da Federación de Industria, Xoán Xosé Bouzas, denunciou que as prácticas que levan a cabo no sector actualmente profundan na "precarización" e impiden a conciliación de vida laboral e familiar.
  comenta   0
Nun comunicado, explica que, a proposta da CIG, celebrarase unha comisión de sindicatos asinantes do convenio, patronal e Xunta para abordar a elaboración dos pregos de condicións.
  comenta   0
Levo nesta Republica moi pouco tempo e xa teño unha fortuna sen investir absolutamente nada. Non gastei diñeiro, nin lle dediquei estudo, nin talento, nin moito menos traballo. Non arrisquei absolutamente nada. Todo o gañei seguindo as instrucións dos moi bos amigos oligarcas.
  comenta   0
O Bispado de Tui-Vigo confirmou a presentación dunha denuncia ante a Garda Civil, o pasado 3 de decembro, pola falta de diversos obxectos de valor e documentos do Arquivo Histórico Diocesano e o Arquivo Capitular de Tui, aínda que matizou que "nada falta do inventario da Catedral e o seu Museo".
  comenta   0
Abanca recomprará finalmente 204,9 millóns dos 300 millóns que compuñan a emisión de obrigacións subordinadas que se ofreceu a amortizar anticipadamente a semana pasada, segundo notificou á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
  comenta   0
O Instituto Nacional de Estatística (INE) sacará ao longo deste mes de decembro o novo índice que rexerá a partir de 2025 a actualización anual dos contratos de arrendamento, dando cumprimento así á disposición adicional undécima da Lei polo Dereito á Vivenda.
  comenta   0
O presidente da Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico (APLE) asegura que "a maior parte do leite ecolóxico tamén se comercializa como o leite convencional, a través de empresas que o envasan en 'tetrabrick', de tal xeito que ao final o prezo base é o mesmo: no leite convencional hai un prezo base ao que despois, no caso do leite ecolóxico, se suma un sobreprezo".
  comenta   0
Ademais de Movistar, Circet, que se dedica á instalación e mantemento de redes de telecomunicación, ten concesións en Galicia coa operadora Vodafone, e entre os seus clientes están a Xunta de Galicia, o Sergas, Educación, Emerxencias, Defensa e outras administracións estatais e locais.
  comenta   0
O 'caso Desproi' pon no foco a xestión local baixo o mandato do agora senador socialista Xosé Sánchez Bugallo e custou a dimisión, a principios do pasado ano, do entón edil José Manuel Pichel, despois de transcender que alugou unha nave industrial para o seu departamento a unha empresa á que estivera vinculado.
Os servizos xurídicos do Parlamento rexeitan a solicitude do Bloque de revogar o plan de traballo do órgano de investigación parlamentaria e Pontón ameaza con recorrer á vía legal ante a deriva dunha comisión que naceu co impulso da súa formación.
  comenta   0
Elíxense catro empresas, dúas de Madrid e dúas de Cataluña, para os servizos de tradución, interpretación, transcrición e subtitulado ao galego, catalán e euskera.
  comenta   0
En canto aos datos de afiliación á Seguridade Social dan con todo un resultado distinto sendo a construción, con case un 17% do total de afiliacións, o sector de actividade que máis afiliados de nacionalidade portuguesa tivo Galicia durante o ano 2023
  comenta   0
Estas serán as dúas primeiras persoas en acudir a este órgano do Parlamento galego creado por iniciativa do BNG, pero cuxo plan de traballo aprobou o PP en solitario coa súa maioría absoluta
  comenta   0