1 de 4920 en Opinión seguinte

Carta de Critias a Terámenes XX. Respetados preguiceiros triunfadores

Levo nesta Republica moi pouco tempo e xa teño unha fortuna sen investir absolutamente nada. Non gastei diñeiro, nin lle dediquei estudo, nin talento, nin moito menos traballo. Non arrisquei absolutamente nada. Todo o gañei seguindo as instrucións dos moi bos amigos oligarcas.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 10/12/2024

Comparte esta noticia
E é que amigo Terámenes, esta Republica é fabulosa para enriquecerse. Os oligarcas teñen garantidas taxas de beneficios superiores á media do mercado. Supoñerás, e supolo moi ben, que tanto beneficio é a cargo do erario da Republica e dos traballadores produtivos. O método por eles usado é igual, exactamente igual, que o método  periclitado na nosa  polis. 
Nada máis chegar manifesteilles aos  amigos oligarcas a miña intención de gañar diñeiro na súa República. A cambio dunhas promesas secretas, (só en persoa direichas) indicáronme que non había problema. Tres amigos oligarcas organizaron todo. Os tres están no grupo máis distinguido, querido e respectado pola poboación da república: son modelo de triunfadores exitosos.  
 
Un garantiume financiamento xa que  é un brillante usurero;  Xa tiña capital. O outro amigo indicoume  que poñía á miña disposición as súas cuadrillas de traballadores; Xa tiña man de obra. O terceiro expúxome o plan definitivo: ían ordenarlle a uns cargos públicos sorteados que me adxudicasen  a construción de 7  pontes e 70 calzadas. Xa tiña o super negocio. Os gastos correntes  poñeríaos o amigo brillante usurero. As obras realizaríanas os obreiros. O cargo público sorteado cumprindo estritas ordes daríame o contrato por todas as obras. 
A taxa de beneficio foi o triplo á taxa media de ganancia ou beneficio. Os contratos  estaban magníficamente inflados nesa proporción. A maiores as obras terían unha duración dunha xeración e non de 300 anos, por iso a maiores  aforrábase  custo en materiais e man de obra. Todo iso axustada á estrita legalidade Xenerosa. 
 
Ese foi o meu primeiro negocio. Os inxentes beneficios repartímosnol: un 30 % para cada un dos oligarcas, o 7% para min, e o 3% restante foi  a recompensa pola obediencia e  servidume do cargo público sorteado. 
 
Este foi o meu primeiro contrato e primeiro beneficio. Seguíronlle a construción de hospitais, cuarteis para a milicia, portos, xardíns, peiraos  e un sen fin de faenas.  Nunca arriscamos nada. O método foi sempre o mesmo: invariablemente dentro da legalidade, adxudicáronme  obras cunha taxa de beneficio un triplo superior á media. Repartímonos a ganancia, e dámoslle un  pequeno aguinaldo  ao cargo público sorteado. 
 
A resistencia ou  vida útil das obras nunca poden durar máis de tres lustros ou o que é o mesmo, unha xeración.  En principio terían que durar tres séculos mais non pasan de 15 anos. O motivo é moi simple. En 15 anos entran novos cargos públicos  a través do sistema de sorteos. Así as obras xa estarán en ruínas, e teremos novo ciclo de negocio. A nova xeración, aínda que estrañada, acepta volver pagar todo o inxente malgasto millonario que vai aos nosos petos. Se alguén culpa a alguén, xa transcorreron  15 anos, a responsabilidade prescribiu. Moi enxeñoso método de saquear.
 
A maioría dos oligarcas gañan os seus diñeiros a través do fermoso e brillante saqueo da Republica. Os pequenos  de cada aldea repiten o método na sua proporción. Entre uns e outros, cos sicofantes incluidos, son un sector considerable da población. Os sicofantes son preciosos dogos. 
 
O sistema e repetitivo. Os esplendorosos usureros prestan diñeiro ao erario público da Republica, a Republica con ese diñeiro asina contratos cos oligarcas, e os oligarcas teñen o seu inxente beneficio. Unha parte pequena vai para os pequenos.  O usurero ten garantido o pago, e en caso de problemas, todo o pagaría  o pobo a través dos seus impostos.   
Amigo Teramenes,  envíoche unha nave cos meus tesouros e o ouro acumulado. O máis intelixente é sacar toda a riqueza de aquí antes de que  o inevitable aconteza.

Terámenes arrestado por orden de Critias
Terámenes arrestado por orden de Critias | Fonte: italoantoniotti.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA