Carta de Critias a Terámenes (XIX). Listos, intelixentes e espabilados

Explicáronmo e é maxestoso, formidable, admirable! Como facer para que os nosos servos ámennos e se sentan libres? Parece que é imposible pero é posible e real. Na reunión anual de planificación da ideoloxía para o ensino do pobo (por eles chamada RAPINA) expuxéronme o método. Amigo Terámenes, os nosos amigos oligarcas son uns xeniais fillos da grandísima puta!

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 12/11/2024

Comparte esta noticia
Os nosos amigos oligarcas, fillos xeniais da grandísima puta, fomentan que a xente se preocupe unicamente dos seus asuntos privados. Fomentan e conseguen que a inmensa maioría das xentes non se preocupen da vida pública, do Político. A estas persoas chámanlles intelixentes. 
 
Os nosos amigos oligarcas fillos dos grandísimos putos xeniais, ás poucas persoas  que lles interesa o Político, fanlles crer que non existe elección. Os que crean en que no político só existe un camiño único, fano chamar intelixente. Por contra o que afirme que política é dialéctica, elixir, loitas entre contrarios, chámanlle idiota. 
 
Os nosos xeniais amigos oligarcas fillos da grandísima puta,  ás persoas que teñen os anteriores comportamentos por eles definidos como intelixentes e intelixentes,  é dicir, a aqueles  que non se interesan pola cousa pública, os chamados por eles intelixentes,  e os que se interesan pola cousa pública negando a dialéctica,  tamén chamados por eles intelixentes,  e que teñen como consecuencia do seu libre comportamento ser servos, a todos eses, tamén lles poñen a etiqueta de listos, empoderados,  intelixentes e espabilados. 
 
Amigo Terámenes, os nosos amigos oligarcas  xeniais fillos da grandísima puta modificando a semántica,  modifican o intelecto dos seus pobres victimas. É maxestoso, formidable, admirable!  Os nosos sabios explicárono nos seus ensaios, mais nós nunca o puxemos en práctica. Mais os amigos oligarcas  xeniais fillos da grandísima puta puxérono en funcionamento co resultado exposto.

Terámenes arrestado por orden de Critias
Terámenes arrestado por orden de Critias | Fonte: italoantoniotti.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA