Desconvocada a folga no servizo de limpeza e recollida de lixo de Urbaser Ferrol

O comité de empresa rexistrara o preaviso de paro o pasado 20 de decembro tras a "parálise" na negociación dun novo convenio colectivo, prorrogado desde hai dous anos, o 1 de xaneiro de 2023.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 02/01/2025 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

O persoal de Urbaser Ferrol, a empresa que presta o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria na cidade, decidiu na tarde deste mércores desconvocar a folga prevista para as 00.00 horas deste xoves. O comité de empresa rexistrara o preaviso de paro o pasado 20 de decembro tras a "parálise" na negociación dun novo convenio colectivo, prorrogado desde hai dous anos, o 1 de xaneiro de 2023.

Uns días despois, o goberno municipal, en mans do Partido Popular, convocou aos representantes dos traballadores a unha reunión na que se comprometeu a asumir as subidas salariais ata a entrada da nova adxudicataria. O concello trasladou a súa intención de aprobar nos próximos meses os pregos para licitar o novo contrato do servizo, que permanece prorrogado desde hai unha década.

Operativo de limpeza durante a emerxencia sanitaria na Coruña pola acumulación de lixo
Operativo de limpeza durante a emerxencia sanitaria na Coruña pola acumulación de lixo | Fonte: M. Dylan - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta