Máis de 20.400 opositores de educación para 1.664 prazas

10.512 é para Educación Secundaria e 8.948 para Educación Primaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2025 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

A Xunta publicou este xoves a listaxe provisional de 20.422 persoas admitidas ás oposicións de Educación, que se celebrarán o fin de semana do 21 de xuño. Nesta convocatoria ofértanse 1.664 prazas: 1.424 de acceso libre, 230 de promoción interna --do grupo A2 ao A1-- e 10 para o corpo de inspectores.

De todos os admitidos, algo máis da metade (10.512) presentáronse ao corpo de Educación Secundaria. Dentro destes, os aspirantes máis numerosos son os de Inglés, con 1.025 inscritos, seguidos dos que buscarán unha praza en Xeografía e Historia, con 892, e os de Lingua Castelá e Literatura, con 630.

En canto aos que se presentaron ás probas para mestres, son 8.948. Dentro destes, hai 2.253 aspirantes a mestre de Educación Infantil e 2.219 de Primaria. Tamén son bastante abundantes os inscritos para Pedagoxía Terapéutica (1.749) e Audición e Linguaxe (989).

A todos eles hai que sumar outras 788 persoas admitidas para conseguir unha praza de docente de FP, máis outras 87 que buscan entrar no corpo de inspectores. Ademais, 87 presentáronse á promoción interna, na que hai máis postos que aspirantes (230).

Recinto feiral de Silleda onde se realizan oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo / Europa Press / Europa Press
Recinto feiral de Silleda onde se realizan oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta