Falece un condutor de 92 anos tras sufrir un infarto

Saíu da vía e chocou contra un muro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2025 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

Un home, de 92 anos, faleceu tras sufrir un infarto e chocar contra un muro co seu vehículo cando circulaba pola OU-0526 (Ourense-Amoeiro).

Segundo fontes da Garda Civil de Ourense, o suceso produciuse sobre as 12.27 horas deste domingo cando o home, único ocupante do vehículo, saíu da vía e chocou contra un muro.

Os profesionais sanitarios trasladaron ao home, en estado grave, ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), onde faleceu. O home, previamente ao sinistro, sufriu un infarto de miocardio. O vehículo no que viaxaba, segundo detallou o Instituto Armado, carecía de seguro e ITV e o home tiña o permiso de conducir caducado desde 2019.

Lugar do suceso
Lugar do suceso | Fonte: GARDA CIVIL DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta