Entre 1816 e 1820 e, a pesar dos intentos do Trienio Libera por rematar coa trata escrava, dende A Coruña saíron 25 expedicións negreiras, que levaron a Cuba a 6.854 persoas --estímase en 110.000 as que se transportaron dende España neses anos--. O máis activo comerciante --foron del a metade das expedicións-- foi Juan Francisco Barrié D'Abadie, bisavó de Pedro Barrié, conde de Fenosa.
  comenta   0
Non necesitamos planear ou deseñar un mundo do futuro. Se coidamos o mundo do presente, o futuro recibiría toda a xustiza de nós. Wendell Berry
  comenta   0
A galardoada co premio Úrsula Meléndez reivindica recoñecemento institucional tras ser condenada por erro polo caso Wanninkhof
  comenta   0
As cazoletas, descritas como "buracos ou concavidades realizadas mediante picado e abrasión", atópanse tanto en estelas móbiles como en estruturas arquitectónicas
Da man de María del Pilar Freire Esparís, profesora xubilada de Historia Económica da USC, tratamos de recuperar o protagonismo que as mulleres tiveron no pasado, desmantelar estereotipos e poñer en valor o rol esencial que desempeñaron. "As mulleres traballaron no campo e mesmo o fixeron máis que os homes, porque elas participaron moi activamente no que é o traballo estritamente agrario, pero tamén eran as encargadas das tarefas da casa e do coidado dos membros máis vulnerables da familia", reivindica.
  comenta   0
'8' é unha película romántica que conta a vida de Octavio e Adela, nacidos en dous pobos veciños o mesmo amencer en que se proclama a II República, discorren sen eles sabelo conectadas, enlazadas en forma de '8', durante 8 momentos cruciais dos seus 90 anos de vida.
  comenta   0
O dicatdor é fillo adoptivo de Padrón, Alcalde honorario e receptor da Medalla de Ouro do Concello.
  comenta   0
A retirada destes vestixios adoita presentarse como unha medida de respecto, pero, sempre é esta a mellor opción que temos para amosar respecto aos nosos antergos? Galicia Confidencial reflexiona sobre o tema con Olalla López-Costas, antropóloga biolóxica e profesora de arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
  comenta   0
Galicia é terra de néboas, bosques centenarios e costas batidas polo océano Atlántico. Unha paisaxe que alimentou dende tempos inmemoriais un rico universo mitolóxico. Galicia Confidencial explora a orixe, as historias e o significado destes seres na cultura galega. Porque, en Galicia, a fronteira entre o mundo visible e o invisible é máis delgada do que parece.
  comenta   2
Como unha pequena farmacia no corazón de Santiago pasou de fabricar medicamentos únicos a converterse nun símbolo histórico da cidade
En marzo de 1938 a situación semellaba desesperada para o exército republicano. A ofensiva dos sublevados de Franco obrigaba a grandes retiradas no leste peninsular. Foi entón, cando o presidente da república barallou un plan que tería cambiado a historia de Vigo e de Galicia.
O descubrimento dunha antiga cimentación revela a definición do núcleo orixinario do convento de Santa Clara para confirmar que o recinto é moito máis antigo do que se cría e que estaba composto por tres edificios.
  comenta   0
Por mor destes accesos, puido coñecer que a vítima estaba a seguir tratamento no servizo de psiquiatría do Centro de Especialidades de Mollabao, Pontevedra, accedendo "sen xustificación algunha e sen contar coa autorización da interesada", aos informes emitidos polo servizo de psiquiatría.
  comenta   0
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con María Esther Corral Díaz, filóloga e investigadora de Universidade de Santiago de Compostela (USC) que hoxe nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Asegura que "a Idade Media non foi unha época tan escura como a miúdo nos parece", tampouco para a muller, que gozaba de "máis liberdades das que se pensa".
  comenta   0
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Tamara González, investigadora da Universidade da Coruña (UDC) que nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre as mulleres espontaneadas no pasado de Galicia, mulleres que proclamaban publicamente que ían ter un fillo fóra do matrimonio para non ser acusadas de aborto ou infanticidio se o neno tiña a mala sorte de falecer nunha época na que a morte nos primeiros 8 días de vida era moi habitual.
  comenta   0
Trátase da actividade "Petín, un paseo pola Historia", unha experiencia cultural que trasladará ao público á época da Guerra da Independencia en Valdeorras o vindeiro 15 de marzo.
  comenta   0
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Rosario Sarmiento, crítica de arte, comisaria de exposicións, xestora cultural e especialista en coleccionismo en Galicia que ten afondado moito na historia da muller na arte e que hoxe nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Sinala que "a Historia da arte foi feita fundamentalmente por homes, de maneira que sempre houbo unha mirada androcéntrica".
  comenta   0
Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Ofelia Rey Castelao, historiadora galega de recoñecido prestixio que ten investigado moito sobre as mulleres traballadoras e migrantes e que hoxe nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Asegura que "as mulleres tiveron que traballar ao longo de todas as épocas históricas", moitas delas acabaron dende o século XIX "migrando cara as grandes cidades e cara América", e non todas coa intención de casar.
  comenta   0
O proceso de recuperación do Entroido de Samede comezou de maneira casual. "Todo empezou cun traballo escolar para o meu fillo", explica Emilia Cagiao
Con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, Galicia Confidencial fala hoxe con Ana María Sixto Barcia, historiadora e investigadora do papel das mulleres no Antigo Réxime, que nos abre a fiestra a unha nova mirada sobre a muller no pasado de Galicia. Confesa que "aínda que falamos dunha sociedade oprimida, na que as mulleres tiñan poucos recursos, tamén era unha sociedade que sempre se defendía a si mesma, e, nesa loita, tamén entraron as mulleres, mesmo liderándoa nalgunhas ocasións".
  comenta   0
O vicepresidente da institución provincial, Rafa Domínguez, culpou ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, do atraso que acumula o proxecto de rehabilitación; mentres que desde o goberno local, o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, asegura que o político popular está "desnortado".
  comenta   0
Galicia Confidencial fala con Edgard Camarós, profesor na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e arqueólogo que traballa directamente con restos humanos, que considera que "cun resto humano empatízase de maneira inmediata e é un fío condutor extraordinario nun museo para entender que detrás de calquera outro resto está o ser humano", polo que "non debemos deixar de pensar que a Historia é tan social como biolóxica".
  comenta   0
O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras do Entroido de Carguizoi da man de Manuel, o 'alcalde' da aldea, así nomeado de broma polos veciños, que nos conta as novidades deste ano, no que ademais de Felo e Fiadeiro houbo tamén a representación do Reinado.
  comenta   0
A Historia amosa que un dos parteaugas que separou as monarquías medievais dos modernos estados foi dotarse dun exército grande, centralizado e permanente. Xerou un gran medro do poder central, un aumento dos impostos como nunca e, có tempo, contribuíu a unha reximentación e reconfiguración social, particularmente visible na Francia.
  comenta   0
O evento reuniu artistas da facultade e incluíu a interpretación dun himno especial para a ocasión, composto por Xurxo Souto
Este fenómeno ten un impacto negativo na percepción dos eventos, na memoria colectiva e no acceso á información. A popularización das redes sociais intensificou este proceso.
  comenta   0
O podcast ‘Que din os Rumososos, arroutadas da Historia de Galicia’ aborda en catro programas (o 7º,8º, 9º e 10º da serie ) a importancia do papel dos museos como elementos de educación e concienciación patrimonial e histórica das sociedades.
Os estudos arqueolóxicos realizados ao longo de máis dun século confirman a existencia dun importante sitio arqueolóxico que se estende dende a capela de San Roque ata O Vello Cárcere
Neste artigo fálolles dunha historia compartida estes días co alumnado e docentes de cinco institutos galegos, que non só coñeceron en primeira persoa a xesta de quen cambiou o curso da Segunda Guerra Mundial desde a Matemática, senón que tamén encriptaron e desencriptaron coa máquina Enigma tal e como facían os ameazadores exércitos de Hitler durante a Segunda Guerra Mundial...
  comenta   0
O ano 2025 marcará os 75 anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos intelectuais e políticos máis relevantes da historia de Galicia
A familia do fotógrafo coruñés Francisco Pillado González (1892-1977) doou, case 50 anos despois do seu falecemento, toda a súa obra artística á Real Academia de Galicia (RAG), sendo agora de "acceso público para a comunidade investigadora e calquera persoa interesada na historia da fotografía en Galicia".
As actuacións a realizar, dentro dun plan estratéxico para a súa recuperación, permitirán rescatar a memoria e a importancia da fortaleza medieval. No proxecto colabora a Universidade de Vigo.
  comenta   0
Todo o mundo a chamaba 'Sarita' polo cariño que lle tiñan, e así pasou á Historia, a pesar de ser unicamente unha locomotora de manobras non empregada para o transporte de pasaxeiros.
  comenta   0
A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) presentou a guía didáctica Coñecendo a historia dos medios en galego, un novo material educativo destinado ao alumnado de ensino secundario co obxectivo de achegarlles a evolución histórica e o presente da comunicación en galego.