Javier Rey e Tamar Novas, entre os protagonistas da nova película de Julio Médem: '8'

'8' é unha película romántica que conta a vida de Octavio e Adela, nacidos en dous pobos veciños o mesmo amencer en que se proclama a II República, discorren sen eles sabelo conectadas, enlazadas en forma de '8', durante 8 momentos cruciais dos seus 90 anos de vida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2025 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A nova película do aclamado director Julio Médem, '8', estréase este venres en cinemas. Os actores galegos Javier Rey ('Fariña', 'Sin fin') e Tamar Novas ('Mar adentro', 'Los abrazos rotos') están entre a súa repartición. '8' é unha película romántica que conta a vida de Octavio e Adela, nacidos en dous pobos veciños o mesmo amencer en que se proclama a II República, discorren sen eles sabelo conectadas, enlazadas en forma de '8', durante 8 momentos cruciais dos seus 90 anos de vida. Mentres, de fondo, transcorre a España que lles toca vivir.

Cartel do filme '8'. MORENA FILMS
Cartel do filme '8'. MORENA FILMS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta