O suízo-italiano Adrien Bordone aborda nun documental a vida daqueles adolescentes amigos seus, nados en Suiza, pero que viñeron a Galicia canda os pais. A súa integración nun mundo moi diferente ao de Suiza foi difícil para algúns deles.
  comenta   1
A apertura, no Teatro Principal, será coa película francesa 'Ao grande', de Emmauel Courcol, estreada na sección oficial do último festival de Cannes e premio do público en San Sebastián.
Xurxo Souto protagoniza unha road movie na que, o que foi líder dos Diplomáticos de Monte Alto, vai viaxando por Galicia e conversando con persoas protagonistas daquel movemento e con músicas actuais que valoran o que significou e a relación co presente e futuro cultural galego.
  comenta   0
Manuel Ramírez, director de estudo na produtora El Ranchito, implicada na rodaxe e creación dos escenarios dixitais que aparecen no filme, asegura que hai 1.500 planos recreados dixitalmente invisibles a ollos do espectador.
  comenta   0
Presentará a súa primeira curta documental “Nena”, e levará a escena o seu monólogo "Aquí Tou!".
  comenta   0
Tras ser premiado en Málaga o filme do director ourensán Emilio Fonseca chega aos festival Play-Doc, antes de ir ao Festival de Guadalajara en México. A cinta tenta "repensar a categoría do salvaxe dende este apocalipsis climático”.
Estreouse este domingo no Festival de Málaga como parte da participación do audiovisual galego na 27º edición do certame, especializado en cinema español e iberoamericano.
  comenta   0
A lista de títulos, na que se atopa películas como 'Matria' ou 'O Corno', divídese en 35 películas de ficción, 24 documentais, seis producións de animación e 10 formatos televisivos, cada un coa súa propia entrada, sinopse e imaxe, así como ficha técnica e artística.
  comenta   0
"Unha edición, a vixésimo segunda, con marca de participación nas categorías de longametraxe, programa e curtametraxe", explica nun comunicado a Academia Galega do Audiovisual.
  comenta   0
O filme de Rodrigo Sorogoyen arrasou no despacho de entradas. O que Arde e O Corno tamén son exemplos de que o cinema galego gusta. No polo oposto, Matria, que non acadou os obxectivos agardados a pesar de ser amplamente publicitada en xornais e valados publicitarios.
  comenta   1
O galardón, que será entregado este mércores nun acto no Teatro Principal de Ourense, pon de manifesto "o vínculo de Villanueva coa provincia de Ourense e o seu apoio e colaboración co festival desde os seus inicios".
  comenta   0
A cineasta, que estreou este martes en Galicia 'O Corno' como película inaugural do festival Curtocircuito (con cheo absoluto no Auditorio de Galicia), recoñece estar "moi nerviosa" ao ver "tantas caras coñecidas". "Púxenme máis nerviosa case que no propio festival de San Sebastián", dixo.
  comenta   0
Miramemira SL recibe 19.200 euros para a coprodución 'La nostra habitació'; Abano Producións SL consegue 26.857 euros para 'El cuerpo de Cristo'; Rebordelos SL conta con 42.384 euros para '68 metros'; Matriuska Producciones percibe 14.850 euros para 'As maos da pulpeira'; Carmen Bellas Becerra contará con 41.815 euros para 'Una familia, quizás'; e a cineasta Diana Toucedo consegue 28.000 euros para 'Estela e Sofía'.
  comenta   0
Esta celebración arrincará tras a estrea de O Corno, longametraxe de Jaione Camborda que é, ademais, o primeiro filme en versión orixinal galega que compite pola Cuncha de Ouro.
  comenta   0
No seu 20 aniversario, o festival vén cargado de novidades, tamén na organización do propio contido como a nova sección Cosmos, unha mestura das anteriores Penínsulas, Explora e Radar.
  comenta   0
O premio homenaxea a súa "longa e exitosa" traxectoria e lembra a participación da actriz barcelonesa na considerada como película fundacional do cinema galego 'Sempre Xonxa'
  comenta   0
O filme, dirixido por Juan Galiñanes e protagonizado por Luis Tosar, amosa a cidade da Coruña dende diversos ángulos: a praza de Pontevedra, a cafetería Manhattan, a praza de Portugal, o CHUAC ou o paseo marítimo. Conta a historia dun atraco que remata por amosar a importancia da doazón de órganos para salvar unha vida.
  comenta   1
A película 'O corno' de Jaione Camborda terá a súa estrea galega na sesión inaugural de Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela, paso previo ás salas de cinema o 11 de outubro.
  comenta   0
No centenario da cineasta madrileña (1923-1995), que estudou ciencias e pretendía ser catedrática nun instituto, a organización do festival rende así tributo á primeira directora de cinema da posguerra española, o premio será recollido polo seu fillo, David García Rodríguez.
  comenta   0
Nesta 28 edición recuperarase a mediometraxe "Misa en Compostela" e presentarase a filme "Segundo López, aventureiro urbano".
  comenta   0
A imaxe gráfica deste ano é obra de Jorge Godás, responsable de Creatividade e Multimedia do certame que terá lugar entre o 8 e o 17 de setembro. A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín sortearán entradas e os comercios asociados participarán nun concurso de decoración de escaparates.
  comenta   0
Gadis apoia citas culturais como o Festival de cinema de Cans (O Porriño); o Play-Doc de Tui; o Ourense Filme Festival; o Festival de Cinema de Medina del Campo ou a Seminci de Valladolid.
  comenta   0