Touriñán presente, por partida dobre, no FIC Vía Verín XIV

Presentará a súa primeira curta documental “Nena”, e levará a escena o seu monólogo "Aquí Tou!".

Por Galicia Confidencial | Verín | 14/06/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O sábado 31 de agosto a vila acollerá, dentro da programación do FIC Vía XIV Verín, dúas grandes propostas do humorista Xosé A. Touriñán. Por unha banda, presentará a súa primeira curta documental “Nena”, e por outra, levará ao escenario do Auditorio Municipal o monólogo “Aquí Tou!”. As entradas para este último espectáculo xa están dispoñibles en ataquilla.com 

Touriñán nun momento de 'Nena'. Foto: nena.gal
Touriñán nun momento de 'Nena'. Foto: nena.gal

CURTAMETRAXE "NENA"

“Nena” é a estrea como guionista e codirector de Touriñán. Un filme no que o artista nos mostra o seu lado máis polifacético. Recoñecido polos seus traballos como humorista, Touriñán sitúanos con este filme na pel dunha nena de 12 anos que, trala morte da súa nai, ten que cargar co peso familiar do pai, o tío e o avó. Unha historia que nos deixa á intemperie. Unha realidade que reflexiona sobre a carga e o rol que ten que asumir a protagonista ante a incapacidade dos seus familiares. 

"AQUÍ TOU!"

achegaranos, con humor, os fitos máis importantes da súa vida. Un percorrido íntimo e divertido polas súas casuísticas vitais. Neste monólogo, Touriñán, ao tempo que se analiza a el, retrátanos a todas.  As entradas para o espectáculo xa están dispoñibles en ataquilla.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta