Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2023 | Actualizada ás 13:07
A 8ª edición do festival Novos Cinemas inaugurarase este martes coa proxección de 'Á procura da estrela', primeira longametraxe do vigués Carlos Martínez-Peñalver e que xa foi premiado no festival de cinema alternativo de Barcelona L'Alternativa, no Porto/Post/doc e no certame Entrevues de Francia.
A apertura do festival terá lugar ás 20,30 horas no Teatro Principal de Pontevedra, con entrada gratuíta e, tras a proxección da película, haberá un coloquio co director e parte do equipo do filme. Trátase dunha obra rodada na Serra de Estrela, entre o documental e a ficción, e que xa pasou en 2019 por Novos Cinemas #LAB.
Antes desta proxección, o programa do festival contempla tamén a proxección de pezas do taller que Novos Cinemas realiza en colaboración coa Universidade de Vigo, e impartido polo cineasta Berio Molina. No taller 'A xogos coa realidade', celebrado hai uns meses, os participantes buscaron novas maneiras de transformar a realidade a través do cinema, introducindo a cámara en situacións cotiás.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.