A apertura, no Teatro Principal, será coa película francesa 'Ao grande', de Emmauel Courcol, estreada na sección oficial do último festival de Cannes e premio do público en San Sebastián.
'Prefiro condenarme' é o novo filme de Margarita Ledo Andión, a historia dunha "adúltera" que é xulgada nun tribunal eclesiástico denunciada polo seu marido. A cineasta ofrece unha visión da vida afectiva-sexual durante a ditadura franquista. Tamén é unha historia de resistencia fronte aos modelos sociais e xudiciais establecidos por lei até non hai moito tempo co obxectivo de controlar o corpo feminino "como unha fábrica de corpos"
  comenta   1
O Premio Carlos Velo á mellor dirección foi para as directoras Astrid Rondero e Fernanda Valadez por 'Sujo', unha película mexicana que narra a historia dun neno de catro anos fillo dun sicario asasinado
  comenta   0
A convocatoria anual ofrece apoio financeiro a longametraxes, curtametraxes e series, con especial énfase na versión orixinal galega e propostas de autoría feminina.
  comenta   0
Destacan tamén a "gran presenza de animación" desta edición, xa que as outras catro cintas que se exhibirán por primeira vez en Galicia no marco do FICBUEU pertencen a este xénero
  comenta   0
Xunta e Deputación recollen propostas cidadás e sectoriais para o contido do Fraga, cuxa reforma acabará en 2026
Leva case toda a súa vida na verbena galega da man da orquestra Cinema, da que forma parte dende hai 12 anos. É unha desas figuras que máis cariño esperta entre o público, pola súa simpatía e pola súa habilidade de facer de todo e facelo ben. Hoxe o GC coñece un pouquiño máis a este artista.
  comenta   0
Haberá curtas de humor de diferentes países e actividades paralelas como gravación en directo de podcast, charlas, espectáculos teatrais e musicais.
  comenta   0
A concelleira de Festas do Concello de Santiago, Pilar Lueiro, destacou que o programa de concertos e actuacións musicais, "ademais de atender a criterios de calidade artística e musical" estaba deseñado para "goce público e mirando de maneira especial" para os veciños de Compostela.
Os galardóns de cinema e televisión que concede a Asociación de Informadores Cinematográficos de España.
  comenta   0
Concello de Vigo e BNG cualifican de "estafa" a Vigo a compra do teatro Fraga xa que pedían unha cesión gratuíta do inmoble.
A Deputación de Pontevedra aprobou este martes o acordo coa Xunta para a adquisición, por parte de ambas as institucións, do antigo Teatro Cinema Fraga de Vigo, unha operación valorada en 9,3 millóns de euros, e na que o goberno galego achega o 51 % e a Deputación o 49 % restante.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicará o martes da próxima semana, día 26 de xuño, as bases das axudas do fondo de dous millóns de euros.
  comenta   0
López Campos fixo referencia ao potencial do audiovisual "como ferramenta de expresión e formación da mocidade".
  comenta   0
O Ministerio de Cultura anunciou o fallo este luns sinalando que o xurado recoñeceu a María Zamora polo "seu apoio ao cinema independente e arriscado. Na súa traxectoria, Zamora fortaleceu a presenza do cinema independente español no mercado internacional, incidindo en miradas sensibles e diversas".
  comenta   0
Así sinala que máis de 450 clientes de Gadis gozarán de forma gratuíta do Son do Camiño, que inaugura este xoves o calendario dos grandes festivais
  comenta   0
O seu éxito 'Despacito' obtivo alcance mundial, sendo a canción máis reproducida na historia de Youtube.
A venda anticipada das entradas para os catro días comezará o mércores 29 de maio por Internet, tanto nas webs dos cinemas como nas webs tradicionais de venda de entradas, en despacho de billetes e nos quioscos situados nos halls dos cinemas.
  comenta   0
Durante moito tempo, e aínda na actualidade, especulouse moito con que as orixes do piloto austríaco estarían en Loña do Monte, unha aldea do municipio ourensán de Nogueira de Ramuín. Sen embargo, tras a súa morte, a Federación de Industrias Austríacas publicou unha biografía do empresario vienés Hans Lauda, ao que identificaba como o verdadeiro avó de Niki.
  comenta   0
As actuais salas de cinema en Galicia ofrecen diferentes atractivos para a atracción e fidelización de público. Se durante a pandemia houbo espazos de proxección que pecharon definitivamente, outros continuaron ou acabaron reconvertendo a súa oferta e o seu espazo físico. Actividades paralelas, ciclos especiais, prezos atractivos, fórmulas cooperativas e outras vías de traballo abren posibilidades de permanencia aos espazos de proxección en pantalla grande.
  comenta   3