Por E.P. | Santiago | 01/08/2024 | Actualizada ás 18:12
A película 'Prefiro condenarme', da directora Margarita Ledo, é un do seis proxectos independentes españois seleccionados polo festival de cinema suízo de Locarno, que se celebrará do 9 ao 11 agosto, para proxectar na súa sección 'First Look'.
Este é a sétima película de Margarita Ledo e nela narra a historia dunha muller, mariscadora na ría de Ferrol, que en pleno franquismo, fuxindo dos malos tratos, decidiu crebar a lexislación vixente para comezar unha nova vida sen medo.
Este documental creativo está producido por Nós e, ademais de estar dirixido pola propia Ledo, conta con guión da comunicadora e poeta eumesa Eva Veiga.
A gravación comezou en xaneiro en diferentes puntos de Galicia, como Lugo, Castro de Rei ou Santiago de Compostela, pero principalmente as súas escenas localízanse nas comarcas de Ferrol e Eume.
A participación de 'Prefiro condenarme' neste festival conta co apoio do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), organismo do Ministerio de Cultura e Deportes, e de ICEX España Exportación e Investimentos, dependente do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.