Yolanda Díaz, "radicalmente en contra" de Altri: "É un desastre ambiental, cultural e patrimonial"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2025 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, volveuse a situar "radicalmente en contra" da planta que proxecta a pasteira lusa Altri no municipio de Palas de Rei.

"A nosa posición é clara sobre este proxecto que é un desastre ambiental, cultural e patrimonial. Por tanto, Altri, Non!", asegurou este sábado en declaracións aos medios durante a XXIII edición dos Premios de cinema Mestre Mateo en Lalín.

Así, consultada sobre se o proxecto contará con fondos do Goberno central, Díaz sinalou que, desde a súa posición, "é "clarísimo" que está "radicalmente en contra" deste tipo de proxectos.

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, intervén durante un pleno no Congreso dos Deputados
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, intervén durante un pleno no Congreso dos Deputados | Fonte: Candela Ordóñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta