O PSdeG di que Rueda non explica porque "hai que darlle millóns a fondo perdido a unha celulosa"

O europarlamentario Nicolás González Casares acusa a Rueda de estar "empeñado en enganar" aos galegos co proxecto de Altri.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2025 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

O europarlamentario galego e membro da Executiva do PSdeG, Nicolás González Casares, lamentou este sábado que "parece que Rueda e a Xunta están empeñados en enganar" aos galegos co proxecto de Altri en Palas de Rei. Así, advertiu de que a aprobación da Declaración de Impacto Ambiental -DIA- anunciada este venres "non dá acceso directo a recibir fondos europeos".

Neste sentido, sinalou que se trata de "un trámite máis" e lembrou que os fondos do Plan de Recuperación "requiren" cumprir co precepto de non facer un "dano significativo". Tamén explicou que se a empresa quere concorrer en competencia por estes fondos comunitarios "deberá pasar unha valoración que non fai a Xunta e que é máis profunda que a DIA".

González Casares cuestionou que o proxecto cumpra cos requisitos ambiental, social e económico, e advertiu de que desde o punto de vista ambiental "presenta serias dificultades". Así mesmo, sinalou que "ninguén termina de explicar por que hai que darlle millóns de euros de diñeiro público a fondo perdido a unha celulosa" e fixo fincapé en que xa hai unha factoría de papel a 100 quilómetros ao norte e outra a menos de 100 quilómetros ao oeste.

Con todo, o PSdeG destacou nunha nota de prensa que a falta de licenza social resulta "evidente" ante o sentir "bastante maioritario" dos galegos en contra deste proxecto para instarlar a macrocelulosa en Palas de Rei.

Arquivo - O europarlamentario galego e membro da Executiva do PSdeG, Nicolás González Casares.. PHILIPPE BUISSIN - Arquivo
Arquivo - O europarlamentario galego e membro da Executiva do PSdeG, Nicolás González Casares.. PHILIPPE BUISSIN - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario (1 pend. aprobación)