Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2025 | Actualizada ás 21:02
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou que, na súa opinión, que a planta que proxecta a pasteira lusa Altri no municipio de Palas de Rei (Lugo) e que, este venres, a recibido o aval ambiental da Xunta, "non é merecedora" de fondos públicos.
Así o sinalou nunha entrevista na Cadena Ser, recollida por Europa Press, na que puxo o foco na viabilidade económica da empresa. "Se hai unha empresa que pide 250 millóns de fondos público e di que se non os recibe, non hai proxecto, onde está a viabilidade económica?", apuntou Besterio. Neste sentido, afirmou que "non ve" que Altri sexa o proxecto que desenvolva "de forma positiva" a economía de Galicia e asegurou que analizarán "con detalle" a declaración de impacto ambiental.
"Para nós non pasa o test de que deba ser un proxecto que reciba fondos públicos", subliñou Besteiro, á vez que lembrou que en 2021 "dixeron que este proxecto ía crear 4.000 postos de traballo e actualmente fálase de menos de 500".
CONGRESO DO PSDEG E SANTIAGO
Noutra orde de asuntos, sobre o Congreso do PSdeG da pasada semana, Besteiro apuntou que serviu como o "impulso definitivo" para o próximo "reto" dos socialistas que serán as eleccións municipais. Así mesmo, consultado sobre a expulsión dos concelleiros do PSdeG de Santiago, Besteiro apuntou "o cumprimento das normas é así".
"O cumprimento das normas obríganos a todos e agora a nosa preocupación está centrada no futuro e, sobre todo, no proxecto de Santiago, que para os socialistas é moi importante", asegurou o líder dos socialistas galegos. Besteiro cre que o problema en Santiago "non" lle afectará nas municipais e, polo momento, descartou dar nomes para liderar a candidatura de Santiago. "Nos próximos meses do que falaremos moito será do noso proxecto para Santiago", resolveu.
RESCATE DA AP-9
Por outra banda, consultado sobre o rescate da AP-9, Besteiro apuntou que "hai que seguir" no camiño que leve ao "100% das bonificacións". "Estou seguro que estamos cada vez máis preto", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.