Asegura que repetir como candidato á Xunta poderá ser "unha opción máis que real", pero di estar centrado en potenciar o proxecto do PSdeG. Espera contar coa presenza de Sánchez no XV Congreso e lamenta que un PPdeG "con actitudes moi ultras" non atenda á "Galicia real".
  comenta   0
"As comunidades que teñen unhas listas de espera de 9 meses, esas listas de espera van seguir sendo de 9 meses, non porque veña un 2% da poboación vas ter máis lista de espera", di a ministra.
  comenta   0
"Determinados tipos de hábitos de consumo e necesidades rápidas de obter diñeiro para adquirir droga provocan que en momentos puntuais poida producirse un incremento neste tipo de roubos para a adquisición de drogas", explicou a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.
O Goberno instou ás comunidades autónomas na Conferencia de Presidentes de Santander a "acordar dunha vez" unha solución compartida á repartición de menores migrantes.
  comenta   0
O club 'Os Irmandiños', no Concello de Pantón, reúne a tiradores do propio concello e tamén de Sober, Monforte, O Saviñao e ata de Quiroga. Ademais de galegos, destaca a presenza de xente doutras nacionalidades: ingleses, holandeses, polacos, australianos, arxentinos...
"Para o traballo do campo en xeral si que che fai falta un mínimo de forza física... eu, en lugar de usar sachos grandes e pesados, busco ferramentas que se adapten mellor á miña man e ao meu corpo". "Ao final non se trataba tanto de ter forza física, senón de pensar", chancea Raquel, que a día de hoxe presenta un viño natural dende o 2016, elaborado sen tratamentos químicos.
  comenta   0
A investigadora Montse Fajardo denuncia a cruel función do "Patronato de protección a la mujer" franquista e ata que nivel de explotación era o Réxime coas nenas. "Rezar, limpar e traballar", di da vida das mulleres que ingresaban nesta institución nesta entrevista en Historia de Galicia.
Tras comezar a formarse no sector da construción no 2023, leva xa 8 meses traballando en rehabilitación de piscinas e algo máis dun mes indo ao ximnasio para fortalecer o seu físico: "As mulleres queremos igualdade, pero ás veces non vén soa, en oficios coma este ou pos da túa parte e eles tamén poñen da súa ou o mundo vai seguir igual ou peor".
  comenta   0
As expulsións de migrantes de centros de acollida poderían continuar. Migrantes de países como Senegal e Mauritania, que non se consideran en guerra, terían que probar que se lles persegue "concretamente a eles".
  comenta   0
Aos 67 anos, esta muller, activista por unha morte digna, padecía unha melanoma de uretra con mal diagnóstico e a súa situación era terminal. Quixo morrer "dignamente" e acompañada dos seus.
Martiño Noriega, aínda que non quere falar de tempos, nin fórmulas para integrase no Bloque, avisa: "Anova non quere ser un axente pasivo que só pida o voto". Lembra que cando a súa formación apoiou ao BNG non se falou de intercambio de postos, primou o diaĺogo e o silencio.
  comenta   3
O suízo-italiano Adrien Bordone aborda nun documental a vida daqueles adolescentes amigos seus, nados en Suiza, pero que viñeron a Galicia canda os pais. A súa integración nun mundo moi diferente ao de Suiza foi difícil para algúns deles.
  comenta   1
"É o mesmo que sexa un clérigo o que abusou de ti que un profesor de ximnasia? Eu creo que non é o mesmo, porque se lle pide unha especial exemplaridade", dixo Gabilondo ante as críticas de partidos como PP e Vox.
  comenta   0
Tavares asegura que se os fabricantes chineses conseguen unha cota do 10 % en Europa, implicaría un volume de 1,5 millóns de unidades.
Ana Almeida ten 76 anos, vive en Vigo e estivo 40 anos coidando da súa filla Laura que ten parálise cerebral. Agora Laura ten 52 anos e leva 12 vivindo nunha residencia.
  comenta   0
O ministro Albares di que o único que impide a súa inclusión é unha "reticencia política" dos países gobernados polo PPE en coalición coa extrema dereita.
  comenta   0
Simega rexeita as palabras do xefe de Pneumoloxía que insinuaba "blandenguería" entre os facultativos, lembrando que os médicos tamén son traballadores con dereitos.
O conselleiro é consciente de que co inicio de curso haberá problemas co transporte escolar: "Este ano non será unha excepción".
  comenta   0
O último reporte da OMS fala de que só na República Democrática do Congo rexistráronse 7.851 casos, o 66 % deles en menores de 15 anos, e 384 mortes entre o 1 de xaneiro e o 26 de maio deste ano 2024. O investigador do CSIC conta ao GC as claves sobre este virus e reflexiona sobre o futuro.
  comenta   0
Adif optou por construír un edificio provisional para manter o servizo ferroviario mentres se realizan as obras de reforma da actual terminal.
  comenta   0
Realizado por voluntarios de Agareso, vai xa pola súa quinta tempada, con confirmación dunha sexta. O GC fala con Verónica, coordinadora deste programa, que nos conta como se xestou e como foi evolucionando.
  comenta   0
Sitúa entre as súas prioridades de mandato impulsar a "industrialización" e prevé que o ditame definitivo sobre Altri estea antes de fin de ano.
  comenta   0
O presidente da Xunta asegura que a prioridade é un cambio de goberno e critica a actual xestión de Sánchez, sen ofrecer directrices para unha moción de censura.
  comenta   0
Aínda que as temperaturas suaves de Galicia están a ser unha vantaxe competitiva á hora de recibir turismo, o sol e a praia mandan no verán e os 18 días de choiva do pasado mes de xullo pasaron factura a un sector que agora encara un mes de agosto con previsións de ocupación do 90 %.
  comenta   0
O presidente galego non descarta ir aos tribunais se se "rompe a igualdade", pero sitúa este paso "como último recurso" e pide "sentidiño". Augura que haberá ofertas de "trato bilateral" a dirixentes do PP para "lexitimar" o pacto en Cataluña e avisa: "Ninguén debe sentirse tentado".
  comenta   0
A pesares das 500 incidencias acumuladas nos trens Talgo dende o pasado 21 de maio, afirmou que "España está moi por diante en materia de puntualidade, mesmo coas incidencias", de países como Italia, Francia e Alemaña.
  comenta   0
"Xa Castelao no seu día apostou no seu famoso discurso da 'Alba de gloria', dalgunha maneira falou da necesidade de ter un Panteón de Galegos Ilustres. Estamos obrigados a pornos de acordo, a regulalo ben e a que sexa algo que o pobo poida gozar, porque non deixa de ser un tema interesante", argumentou.
  comenta   0
O que podería ser un episodio aillado é algo que acontece día si e día tamén. A realidade é que a día de hoxe non existe ningún lugar seguro en Gaza.
  comenta   0