Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2024 | Actualizada ás 13:51
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez Rodríguez, sinalou que a enfermidade hemorráxica epizóotica (EHE) afecta a máis de 1.000 explotacións e menos de 3.000 animais infectados
Así o detallou nunha entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press, na que fixo referencia ás axudas que a Xunta habilitou para facer fronte a esta enfermidade e que serán publicadas cando baixe a incidencia. Neste sentido, a conselleira detallou que esperan que a mediados de novembro, coa baixada das temperaturas, baixe a incidencia da EHE.
Para iso, a Xunta destinará 5,4 millóns de euros para paliar os efectos da enfermidade nas. Pagarán desde os 400 euros por animal de menos de catro meses ata os 1.600 polas vacas adultas mortas por mor desta enfermidade.
A maiores, 20 euros por animal censado na explotación afectada, desde un mínimo de 140 ata un máximo de 4.000 por explotación.
SECTOR FORESTAL E LÁCTEO
Noutra orde de asuntos, a titular de Medio Rural remarcou a importancia do sector forestal en Galicia e subliñou que o 50% da madeira que se produce en España sae da comunidade galega.
"Temos recursos madeireiros, temos empresas moi importantes, pero tamén é importante transformar ese produto en Galicia para que quede aquí ese valor engadido que teñen os produtos elaborados con madeira", apuntou. Neste sentido, Gómez Rodríguez apuntou á importancia de apostar pola innovación e a tecnificación do sector primario, como son, por exemplo, as plantacións de oliveiras.
En canto ao sector lácteo, esgrimiu que Galicia está nun momento "de estabilidade". "É importante manter o equilibrio os produtores, industria, distribución e o consumidor", apostilou
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.