Feijóo apoia os pactos co "fugado" Puigdemont: "Coincidimos con eles nalgunhas cuestións fiscais ou económicas"

"Sánchez veu para acabar coa corrupción e é o máis acosado por corrupción da historia democrática", critica.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 24/12/2024 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, aposta por un achegamento do PP con PNV e Junts, unha postura que non comparten varóns do seu partido, especialmente de Madrid e Andalucía, pola imaxe que pode dar entre os votantes chegar a acordos co independentista e "fugado" Puigdemont. 

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo
O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press

Feijóo explicou que ambos os partidos "levan moito tempo votando en contra do seu programa electoral e do que viñeron sendo: partidos de centrodereita nacionalista e, nalgúns casos, lamentablemente, independentista". "Coincidimos con eles nalgunhas cuestións fiscais ou económicas. Nós imos seguir exercendo o noso programa. Por suposto", resolveu.

Tamén asegurou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "é o presidente máis acosado por casos de corrupción da historia democrática" de España, sinalou nunha entrevista en La Voz de Galicia, recollida por Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta