O presidente galego controlará os datos do seu executivo e prevé "privatizar" a súa xestión. O IGE pasará a depender da Oficina de Coordinación Económica. Unha reestruturación que chega tras o polémico informe sobre o uso do galego.
  comenta   0
Xestionar ou pagar noticias, mercar espazos, facer informacións ao 'ditado' ou propaganda negra. Todo vale para crea falsos dilemas, desmoralizar a grupos contrarios, tratar á xente como parva e chamar máis ás emocións que a reflexións. Así é a estratexia de Greenfiber para instalar a súa megacelulosa Altri en Palas de Rei.
  comenta   2
Di que o informe de Augas de Galicia é "importante, pero quedan outros" e destaca o bo facer de La Voz de Galicia por publicar estes informes. "É un xornal que fai o seu traballo", afirma.
  comenta   1
A terceira ondada do Estudo General de Medios ( EGM) rexistra unha baixada dun 4,3% no consumo da prensa tradicional. Baixa a TV e mantense a Radio.
  comenta   0
Presidirá a fundación que controlará o grupo de comunicación. Adianta que a liña editorial seguirá sendo a mesma que ata agora. Continúa o respaldo dos grandes poderes económicos, principalmente, Abanca, Gadisa e Inditex, pero asexa a sombra dun monopolio informativo.
  comenta   5
Santiago Rey deixa un suculento imperio empresarial que poderían querer recuperar os seus fillos. Emilio Rey, xa saíu de forma abrupta da empresa en 2001. Con todo, nos últimos tempos, o equipo "máis íntimo" do editor estivo traballando en solventar o futuro de todo o grupo empresarial.
  comenta   9
O presidente de La Voz de Galicia falece tras unha rápida deterioración da súa saúde. Será velado no museo que leva o seu nome en Arteixo.
  comenta   0
O líder do PP di que cando coñeceu a Marcial Dorado, en 1995, "non tiña ningunha acusación". En 1990 fora detido na coñecida Operación Nécora pola súa vinculación co contrabando e o tráfico de drogas.
  comenta   2
O Xulgado de Instrución número tres de Pontevedra decretou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza do mozo de 25 anos que agrediu a un xornalista de La Voz de Galicia en Pontevedra.
  comenta   0
Formalizará o luns outra denuncia pola toma e difusión de audios publicados pola Región.
  comenta   0
Incoouse aos xulgados de instrución que notifiquen se teñen algunha denuncia por estes mesmos feitos, xa que, de ser así, serían os xulgados os que terían a potestade de actuar.
  comenta   1
A compañía iniciou os estudos e enxeñaría para unha produción de 100.000 toneladas anuais, con 125 millóns de investimento en primeira fase
  comenta   0
O editor, de 84 anos, ten problemas de saúde que poderían precipitar cambios dentro deste grupo de comunicación. Un artigo publicado este venres destaca os éxitos do grupo Voz que "pilota desde hace décadas el presidente y editor Santiago Rey".
  comenta   2
O concurso de acreedores de El Correo Gallego desatou unha nova guerra entre os grupos mediaticos presentes en Galicia. Unha guerra que vai máis alá do xornalismo e ten vinculacións directas co poder político de Galicia pero tamén con outros intereses que van máis alá e rozan o alegal. O administrador concursal xa ten unha decisión tomada. Falta a última palabra, a do xulgado.
  comenta   1
O grupo de Santiago Rey aliase coa oferta do congromerado de ACCA Media S. L., Numancia Capital S. L. e Blecua Capital S. L. U. para evitar que o grupo Moll lle poida facer sombra en Galicia.
  comenta   1
Así responde ás críticas dos grupos da oposición ás declaracións do xerente do Sergas nas que dixo que "a poboación ten que entender que non poderá haber un pediatra en cada centro de saúde".
  comenta   0
Decidiron por unanimidade conceder o premio ao xornalista por "o seu gran talento, responsabilidade e serenidade de xuízo"
  comenta   0
O grupo de comunicación dono de Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña quere facerse con esta histórica cabeceira para afianzar a súa posición en Galicia fronte ao grupo Voz. En fronte ten a oferta do congromerado de ACCA Media S. L., Numancia Capital S. L. e Blecua Capital S. L. U, do empresario compostelán José Ramón García, o ex dono de Blusens.
  comenta   5
Avoga pola celebración dun congreso extraordinario para a súa sucesión, ao que espera ademais que se poida presentar unha lista "de unidade"
  comenta   0
Nos últimos meses teñen chegado ás librarías unhas cantas obras nos que actores importantes dos primeiros anos de Podemos e das candidaturas municipalistas, que en 2015 chegaron a gobernar cidades importantes, reflexionan sobre a súa experiencia, ben na construción da organización que parecía chamada a transformar a política española, ben na cousa política e social en xeral, ben na ardua tarefa que é a xestión municipal.
  comenta   0
Galegos e madrileños cruzan acusacións de odio e "tirria" en redes. Algúns xustifican a agresión mentres que outros chaman a devolver o lapote en forma dun comando paramilitar.
  comenta   0
Como cada mañá botáballe unha ollada aos xornais. Unha cousa rápida, mirar os titulares e tomar nota mentalmente dos temas sobre os que ao longo do día volvería para ler con calma. Na Voz de Galicia chamoume a atención unha nova: “O SEPE encarga un estudo a unha universidade británica par investigar aos parados españois”. “E non haberá universidades españolas que podan facelo?”, foi o primeiro que pensei, e o que moitas persoas, como logo souben ao comentar a nova, pensaron tamén. O redactor lembrábanos nas primeira liñas que o SEPE, o Servizo Público de Emprego, depende do Ministerio de Traballo.
  comenta   0
Piden un ano de cárcere para o escultor e performer coruñés Enrique Tenreiro por un delito "contra a liberdade de conciencia".
  comenta   0
Os populares lanzan unha campaña para minar e desastibilizar ao BNG co obxectivo de que boa parte dos medios tradicionais e a sociedade cambien a imaxe "moderada" e de "bo talante" que pretende trasladar Ana Pontón.
  comenta   3
"No seu traballo hai entrega e rigor", falou o presidente da Xunta sobre Biriain, que foi asasinado en Burkina Faso en abril deste ano.
  comenta   0
Trala Asamblea Nacional do 2017, o Proceso Avante ficou lonxe de converterse nun acto de reflexión interna no seo do BNG. Concevín aquel proceso interno como a resposta á perda de peso do nacionalismo nas distintas institucións en favor de En Marea, posto que o BNG xa viña perdendo apoios na sociedade dende a época do Quintanismo; un feito éste que non inquietou á maioiría da por entonces Executiva Nacional, á vista da intención de convocar Asambleas Nacionais por delegadas en troques de militantes.
  comenta   0
O seu programa "Cando as preguntas aínda non tiñan resposta", emitido na Radio Coruña -Cadena SER, foi o merecedor do galardón.
  comenta   0
Todos os xornais tradicionais perden influencia territorial. De feito, La Voz comeza a ser xa residual en Ourense e Pontevedra, mentres que Faro de Vigo só se le na de Pontevedra. Os grandes xornais tamén seguen perdendo lectores no último trimestre deste ano. A televisión mantense, sendo Telecinco a máis seguida e, a radio, baixa, aínda que pouco, sendo a Cadena Ser a emisora líder en Galicia.
  comenta   2
Pesca destina 172.000 euros para que os "millennials" consuman peixe de piscifactoria. Nas últimas semana, o Goberno galego leva gastados xa 5,3 millóns noutras dúas campañas para encher de diñeiro aos grandes medios a base de propaganda institucional.
  comenta   0
Os xornais tradicionais de Galicia perderon un 25% de lectores ao longo do pasado ano. Tamén baixan as súas visitas online a pesar de ser o ano no que se disparou o consumo de Internet.
  comenta   6
É o primeiro cibermedio galego en abrir perfil nesta popular rede social cunha aposta pola información para os máis novos. O GC continúa como o medio en galego máis lido na internet e como o segundo no panorama mediatico de Galicia tras La Voz de Galicia, segundo Alexa.
  comenta   1