Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2023 | Actualizada ás 11:37
O xurado do premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2023, organizado polo Ateneo de Santiago, decidiu por unanimidade outorgar o galardón desta edición ao xornalista Pedro Rodríguez Villar polo seu traballo titulado 'Crecen as adiccións', unha combinación de reportaxe e entrevistas publicada en La Voz de Galicia o 30 de xullo de 2023.
O xurado argumenta a súa decisión por ser unha temática que "supón unha profunda investigación respondendo a unha alarma social", así como por "conter unha información contrastada mediante datos oficiais e unha redacción coidada".
Así mesmo, a xornalista Tamara Montero recibirá un accesit polo seu traballo 'Trouxéronme enganada para o manicomio: o Arquivo de Galicia recupera as voces esquecidas das internas do hospital de Conxo', publicado en La Voz de Galicia o 9 de marzo de 2023, por "a actualidade do tema tratado, dándolle visibilidade á saúde mental, así como pola brillantez xornalística de como se presenta".
A entrega do Premio, dotado con 1.000 euros e unha peza conmemorativa, e o accésit, consistente nun agasallo especial, terán lugar nun acto público no local social do Ateneo de Santiago o próximo día 30 de novembro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.