O proceso avante no BNG

Trala Asamblea Nacional do 2017, o Proceso Avante ficou lonxe de converterse nun acto de reflexión interna no seo do BNG. Concevín aquel proceso interno como a resposta á perda de peso do nacionalismo nas distintas institucións en favor de En Marea, posto que o BNG xa viña perdendo apoios na sociedade dende a época do Quintanismo; un feito éste que non inquietou á maioiría da por entonces Executiva Nacional, á vista da intención de convocar Asambleas Nacionais por delegadas en troques de militantes.

Por Xosé Ríos | Vigo | 25/09/2021

Comparte esta noticia
Mais o certo é que se ben non se realizaron Asambleas Nacionais por delegadas, na práctica o papel da militante na organización viuse difuminada. A esceneficación de apoio á Portavoz Nacional mantén a ilusión, mais non a convicción que precisa unha organización política de cuadros. É certo que ás veces compre xogar neses escenarios, mais resulta intolerábel prescindir da militancia, canto máis en decisións importantes coma nas confluiencias con Compromiso por Galicia ou En Marea, por exemplo.
 
A pesar dos Acordos recollidos nos seus Relatorios, o traballo institucional do nacionalismo condiciona toda a axenda política. O desapego coa realidade vai a máis e hoxe o nacionalismo galego ademais de verse superado polas embestidas contra o País, amosa impotencia nas solucións. A Portavoz Nacional ofrece por veces un discurso voluntarista, sen base na estructura funcional do País, como decir que a Soberanía Galega reside no Parlamento Galego, cando é sobradamente coñecedora do papel que xoga o caciquismo no rural á hora de conformar candidaturas e coartar a elección dos votantes; por non falar de toda a superestructura político-ideolóxica enfilada contra o ser galego.
 
As claves dun avance para Galiza hoxe por hoxe non pasan por unhas eleccións. Compre recordar que bastaron dous titulares en La Voz de Galicia sobre audis e iates para rematar co bipartito. Mais querer cargar as culpas en factores externos non se admite. Noutras nacións sen estado hai avances a pesar das “causas externas”. A elitización da política con líderes elixindo gabinetes e a compañeiras de cofianza non é culpa de La Voz de Galicia. Que as institucións se convirtan en oficiñas de reclamación en lugar de “caixas de resonacia da conflictividade social” tampouco é culpa de La Voz de Galicia.
 
Intentar transformar unha sociedade calqueira, incluída a galega, non depende só das condicións materiais, senon máis ca nunca dos factores subxectivos. A alternativa só pasa por formar cuadros e organizacións políticamente maduras convencidas no análise político previamente debatido e asumido. Revelar o problema de manera anticipada, ofrecer posibilidades realistas e saber transmitirllo aos axentes sociais de maneira que o entendan, nunca foi doado. Require moito debate, predisposición,  constancia e persuasión para esa labor organizativa, constructiva e transformadora. 
 
Para rematar, lembrar que a Historia non descorre nin de forma lineal, lenta ou por etapas. Ás veces na Historia danse retrocesos e tamén saltos cualitativos. Mais nos último anos acho que tivera sido máis atinado un repliegue ordenado do nacionalismo ante o ascenso electoral de En Marea, sabedores de que  ningún avance podería darse nunhas institución onde existen maiorías do PP. Humildemente acredito que  en lugar de criticar o papel de En Marea, tivera sido máis contructivo, por exemplo, que o BNG puxera en evidencia o actual marco estatutario, chamando a máis actores sociais a sumarse para intentar iniciar un novo ciclo, como tamén están intentando os españois con Podemos. Quizais agora poderíamos estar noutra etapa da Historia  cualitatativamente máis activa dendo o punto de vista subxetivo, en lugar da atonía social de arestora. E nisto La Voz de Galicia tampouco tivo toda a culpa. Mais ben débese ao fracaso dialogante daquel Proceso Avante.

Unha Asemblea Nacional do BNG, anterior a Covid, con Ana Pontón
Unha Asemblea Nacional do BNG, anterior a Covid, con Ana Pontón | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Ríos Cidrás Licenciado en Ciencias Económicas pola UdV.Dende o 2005, Inspector Pesca Marítima polo Ministerio Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) como funcionario de carreira. Destino na Galiza dende o ano 2009, pasando a estar adscrito á Subdelegación do Governo de Pontevedra (anteriormente destinado en Euskadi). No ano 2000, estiven en Ribadeo liberado polas Comisións Labregas (Sindicato Labrego Galego). No ano 2001-2003 asentado en Viveiro coma Secretario Comarcal da CIG A Mariña.