Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2021 | Actualizada ás 18:37
O deputado de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez-Reino, achacou a posible volta da coalición ao Parlamento galego --que prevé unha enquisa elaborada por Sondaxe encargada por La Voz de Galicia -- ao "bo traballo realizado por Podemos no Goberno do Estado".
Gómez-Reino valorou a enquisa, publicada este domingo en La Voz de Galicia, durante a manifestación en favor das residencias públicas de maiores, convocada polo Movemento Galego pola Defensa das Pensións (Modepen), e que tivo lugar en Santiago de Compostela.
O deputado sinalou que, aínda que "hai que ser precavido coas escuestas", todo indica "que o espazo de Galicia en común volve coller forza". Ademais do traballo no Goberno de Sánchez, Gómez-Reino atribuíu a volta á Cámara galega da coalición formada por Podemos, Esquerda Unida e Anova --que hai un ano quedou sen representación--, á "orfandade" que senten "moitas demandas sociais, como as pensións ou as das residencias de maiores".
O deputado remarcou a figura da vicepresidenta terceira e ministra de Traballo, Yolanda Díaz. "Moita xente referénciase no traballo máis que positivo de Podemos no Goberno estatal, especialmente de Yolanda", sinalou Gómez-Reino, que indicou ademais que "referentes" como ela farán que o partido "colla máis forza".
Preguntado pola posible relación entre a caída nas enquisas de Podemos e a permanencia no partido do seu ex secretario xeral e antigo vicepresidente do Executivo, Pablo Iglesias, Gómez-Reino insistiu no "exemplo" dado por Igleias, "que soubo dar un paso ao carón cando entendeu que outros referentes podían sumar máis".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.