Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2025 | Actualizada ás 22:56
Unha colisión en cadea con 14 vehículos implicados, entre eles un autobús, ocorrido na Autovía do Barbanza, á altura de Rianxo, deixou finalmente a 9 persoas feridas, segundo informou o 112 Galicia. O dispositivo obrigou a pechar a estrada en sentido Ribeira no quilómetro 10, aínda que neste momento xa está aberto un carril de circulación.
Segundo informou previamente o 112 Galicia, o accidente sucedeu na AG-11 pouco despois das 19.30 horas da tarde deste venres, cando un particular informaba dunha colisión entre varios coches no quilómetro 14 da citada vía, á altura da parroquia rianxeira de Isorna. Nun primeiro momento, o alertante explicaba que inicialmente se tratou dunha colisión entre tres vehículos, e que a continuación chocaran en cadea os restantes.
Aínda que inicialmente informouse de que había 14 vehículos implicados, a Garda Civil de Tráfico confirmou tras a súa intervención que eran un total de 11, entre eles un autobús de pasaxeiros no que todos os ocupantes resultaron ilesos. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros de Boiro e de Ribeira, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, os voluntarios de Protección Civil de Rianxo e os servizos de mantemento da autovía.
Accidente na AG-11 | Fonte: Redes sociaisView this post on Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- A Audiencia ordena reabrir a causa do Marisquiño para buscar responsables penais
- Se ves a esta muller avisa a SOS Desaparecidos
- Ferido un operario ao caer do tellado dunha nave no porto de Ribeira mentres reparaba as uralitas
- Falece unha persoa ao incendiarse o seu coche tras ter un accidente en Sarria
- Sindicatos denuncian apertura de expedientes como "represalia" aos traballadores da residencia de Caranza, en Ferrol
- Lugo terá unha "autovía espectacular" de acceso á cidade