Segundo informa o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, foron os efectivos do parque provincial de Boiro os que acudiron esta tarde ao momento quilométrico 1 da DP-3301, no lugar das Cortes, en Rianxo.
  comenta   0
Os actos inclúen conferencias en 50 localidades e unha homenaxe ao intelectual o próximo 25 de xaneiro en Rianxo.
  comenta   0
Concretamente, o suceso ocorreu na autovía AG-11, no quilómetro 14 en dirección Ribeira e ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Boiro.
  comenta   0
A alerta activouse á primeira hora da tarde, cando os bombeiros foron requiridos para acudir a sufocar as chamas no terceiro piso dun inmoble na Rúa de Abaixo
  comenta   0
Segundo informou a policía, sobre as 22.00 horas do domingo recibiron un aviso de que un vehículo realizaba unha traxectoria irregular no centro urbano. Nesa comunicación sinalábase que tamén estivera parado nun carril de circulación dunha rúa sen causa aparente, obstaculizando o tráfico.
  comenta   0
O obxectivo é "evitar o desarraigamento que supón que moitas persoas maiores teñan que pasar a última etapa das súas vidas a moitos quilómetros da casa e dos seus seres queridos e encerrados en macrocomplexos masificados e pouco humanizados, ou pagar residencias privadas con tarifas moitas veces inasumibles para as familias".
  comenta   0
Un sinistro rexistrado a mediodía resultou en feridos, entre eles unha menor, tras a saída de vía dun vehículo.
  comenta   0
Lamenta que "a artesanía hai quen a valora e hai quen non e ese é un problema". Conta ao GC que "a xente nova non amosa tanto interese no que fago, vén á feira ver como fago as cousas, pero non se ven facéndoas eles nin saben se o que vendo é feito á man ou comprado".
  comenta   0
O falecido despareció na noite do 30 de setembro. Ao día seguinte, a súa familia presentou unha denuncia ante a Garda Civil despois de que non regresase a casa tras saír a pescar a noite anterior.
  comenta   0
A CIG-Ensino levará este mércores ante a xunta de persoal docente os "problemas en nada menos" que 62 centros públicos da provincia da Coruña, cifra que cualifica de "inédita ata agora".
  comenta   0
Foi nunha protesta convocada por Anpas de varios centros e con presenza de representantes políticos do PSdeG, BNG e de Rianxo en Común. Todo iso tras a aprobación en pleno dunha moción con apoio de todos os grupos políticos.
  comenta   0
O conselleiro Caamaño pon o "garantir a asistencia sanitaria" por encima de "que falte un médico nun sitio determinado".
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción di que o bosque húmido de ribeira na praia do Porrón, en Rianxo, está invadido por furgonetas, feces e lixo. Fai meses deuse conta da situación ante a Demarcación de Costas, que se mantivo indiferente e continúa sen sancionar estas prácticas.
  comenta   0
O Goberno galego abrirá unha nova liña de axudas de 1,2 millóns de euros destinada a mariscadores, cofinanciadas nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, por suspensión de actividade.
  comenta   0
"Unha vez máis vemos o dura que é a vida no mar. Queremos que sintan a nosa man tendida, queremos que sintan que estamos con eles porque sabemos que son momentos moi difíciles", sinalou a líder nacionalista.
  comenta   0
O festival contará coa colaboración de formacións como Seisdedos Marionetas, Teatro Airiños, Monicreques Alakrán, A Cova das Letras, Trécola, Ostomila Monicreques e Trécola Producións.
  comenta   0
A sentenza do xulgado do contencioso administrativo de Santiago de Compostela da parcialmente a razón á Mesa pola Normalización Lingüística.
  comenta   0
Unha concentración arroupou este luns en Santiago ao home multado por esixir que se lle atendese en galego nun ambulatorio de Rianxo. O Goberno alega que a multa respondía a un asunto de "orde pública" e non lingüístico.
  comenta   0
A Garda Civil de Boiro detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito de tráfico de drogas na comarca de Barbanza e incautáronse de 473 doses de cocaína e 7.850 euros en efectivo. Os axentes detallaron que todo iso o atoparon na vivenda onde reside unha familia composta por catro adultos e tres nenos.
  comenta   0
Novenoel é un dos fundadores do festival de arte Viladomar 'máis alá dos muros' que enche cada ano, dende o 2018, esta pequena vila mariñeira de cor. Despois de ver como en México os murais "formaban parte da identidade do pobo", animouse a traer esta idea á súa vila natal.
  comenta   0
Os rapaces e rapazas do instituto de Félix Muriel decidiron emprender este mércores a comunicación de guerrilla para concienciar sobre a contaminación: montaron un posto no mercado no que venderon lixo modelado con formas artísticas a cambio de tempo, non de cartos. Exactamente a cambio do tempo en que cada tipo de residuo tarda en degradarse. A acollida foi marabillosa.
  comenta   0